lunes, 19 de enero de 2026

Charla adolescentes tecnolóxicamente sans


CHARLA ADOLESCENTES TECNOLOXICAMENTE SANS 
Imparte: Prevención de drogodependencias do Concello de Vigo

🩵 A formación é adecuada para familias e educadores (adultos). 

📌 Luns 26 de xaneiro,  de 16:30 a 18h na Aula de Música.

📝 Inscricións no correo anpaceipchouzo@gmail.com. Poden acudir familias de fóra do cole (con prioridade para as familias do Chouzo).

🐣Haberá ludoteca para os menores. Servizo gratuíto para socias de ANPA e 2€ para familias de fóra do centro. Indica no correo a idade dos menores que quedarían na ludoteca. 

jueves, 8 de enero de 2026

Aberta a inscrición para as Liga de Natacion escolar


LIGA NATACIÓN ESCOLAR 

A Liga de Natación Escolar “Concello de Vigo”, está organizada pola Fundación Vide co patrocinio do Concello de Vigo e a dirección técnica do Club Natación Vigo Rías Baixas.

🐟 ONDE E CÁNDO  
Piscina Municipal do Carme (Complexo Municipal das Travesas) nas seguintes datas: 
- 1ª Xornada: 25 xaneiro 
- 2ª Xornada: 8 marzo 
- 3ª Xornada: 10 maio

🐠 HORARIO
As xornadas desenvolveranse entre as 9.00h e as 14:00h.

🐠 CATEGORÍAS
- Promesas: Nados dende 2017 ao 2020 (ambos anos incluídos)
- Benxamíns: Nados dende 2014 ao 2016 (ambos anos incluídos)

 🐠 INSCRICIÓNS
Xa vos podedes inscribir á I xornada (25 xaneiro) enviando un correo a anpaceipchouzo@gmail.com (inscricións ata o venres 16/01).



domingo, 14 de diciembre de 2025

Festa de Nadal o venres 19


Este venres 19 pechamos o trimestre celebrando o inicio das festas en familia! Agardámosvos de 17h a 20h na festa do Nadal con xogos de madeira, sorteos e as nosas badaladas pre-fin de ano. Traede os vosos tocados navideños! 🎄🎄💫

sábado, 6 de diciembre de 2025

Trae a tua decoración para a árbore de Nadal


💫🔔🎄 TRAE O TEU ADORNO DE NADAL PARA DECORAR A ÁRBORE DO COLE 

Coma todos os anos imos poñer unha árbore de Nadal na entrada de secretaría e gustaríanos contar con adornos feitos polos nenos e nenas. A partir do mércores xa os poden entregar a súa titora e logo se colgarán da árbore. 

Todos os que participen entrarán nun sorteo de premios Nadal. 

Gracias pola vosa colaboración!!

miércoles, 3 de diciembre de 2025

Tarxetas de Nadal para a asociación Asotrame

Estas chuladas fabricamos onte no cole para a asociación @asotrame: tarxetas de Nadal destinadas a pacientes de cancro hematoloxico ingresados en hospitais galegos. O noso graniño de area para repartir cariño nestas datas, que non son fáciles para todos.


lunes, 1 de diciembre de 2025

Patinaxe sobre xeo o 20 de decembro

O sábado 20 de decembro de 11 a 12h quedaremos para patinar sobre xeo en Samil. 

💵 As entradas teñen un custo de 5€ por persoa e 3€ por pingüín (pódese pedir un por familia ). Todos os menores deben estar acompañados por un adulto. 

🎟️ A compra de entradas pode facerse ata o 10 de decembro no local da ANPA todos os días a partir das 9h e de tarde os días 3 e 10 de decembro de 16 a 17h.

Circo de Nadal 14 de decembro


Coma todos os anos, a ANPA organiza actividades de Nadal para desfrutar en familia. O domingo 14 de decembro ás 12h iremos ao Circo de Nadal. 

💵 As entradas teñen un custo de 9€ por persoa (entrada bronce) ou 12€ por persoa (plata). Son de balde os menores de ata 24 meses que non ocupen asiento. Todos os menores deben estar acompañados por un adulto. 

🎟️ A compra de entradas pode facerse ata o 10 de decembro no local da ANPA todos os días a partir das 9h e de tarde os días 3 e 10 de decembro de 16 a 17h.