martes, 28 de septiembre de 2021

AVISO PARA FAMILIAS ANOTADAS EN PISCINA

Lembrade que as clases empezan o primeiro día do mes de outubro que vos corresponda, e que os nenos e nenas teñen que levar unha bolsiña plástica con autopeche para gardar a máscara durante a práctica deportiva (non obrigatoria en menores de 6 anos). Máis indicacións na sección Actividades extraescolares do blog da ANPA.

miércoles, 22 de septiembre de 2021

AVISO ÁS FAMILIAS EN LISTA DE AGARDA DE MADRUGADORES

Abrimos un novo grupo polo que este venres día 24 xa podedes empezar a facer uso do servizo de Madrugadores.
Lembrade que todos os nenos e nenas teñen que levar máscara, tamén os de Infantil.

lunes, 13 de septiembre de 2021

Novidades de PISCINA!!

Ampliamos días e horarios dos grupos:

De luns a venres de 16:00-16:45 h
E de martes a venres de 16:45-17:30 h (neste horario, hai menos prazas)

En xeral, tende en conta que hai moitas menos prazas que na época preCOVID.
E lembrade, as preinscricións son o xoves 16 e o venres 17 de 17:00 a 18:30 no local da ANPA. Despois deberedes esperar pola confirmación da praza, e unha vez a teñades, facer o pagamento.
Nota: por favor, facede fila respectando as distancias.
Grazas, familias!!!!

miércoles, 8 de septiembre de 2021

GRUPO DE MADRUGADORES COMPLETO

Informamos a todas as familias de que o grupo de madrugadores xa está completo. Seguimos recollendo inscricións, ás que se lles irá asignando un número en lista de agarda, ante a posibilidade de abrir un 2º grupo en función da demanda.

martes, 31 de agosto de 2021

Preinscrición madrugadores curso 2021-2022

O servizo de madrugadores dará comezo o día 9 de setembro coas mesmas condicións e prezos que o curso pasado (máis información aquí).
As familias interesadas en facer uso do servizo madrugadores xa podedes preinscribirvos mandando a ficha de inscrición por correo a tesoreriaanpachouzo@gmail.com indicando o nome do(s) neno(s) ou nena(s), o curso escolar e grupo, se é de infantil ou primaria, e os días que necesitades o servizo.
Lembrade que as prazas son limitadas. Por iso, unha vez recibida a vosa preinscrición, enviarémosvos un correo de confirmación da praza ou ben da vosa inclusión en lista de espera.

jueves, 1 de julio de 2021

Devolucións e doazóns "fondo de libros" da ANPA (II)

Aviso para as familias con libros do "fondo de libros" da ANPA e para as que queiran facer doazóns. Os próximos días 6 e 7 de xullo estaremos no local de 9:30 a 11:00 para recollelos. Grazas.