miércoles, 23 de octubre de 2019

🎃 Voluntari@s festa de Samaín 🎃

Precísanse voluntari@s e doazóns de comida para a festa de Samaín. Pasade polo local ou enviade un correo a anpaceipchouzo@gmail.com para informar da vosa contribución. Grazas 😊

jueves, 17 de octubre de 2019

🎃 FESTA DE SAMAÍN 🎃

O vindeiro mércores 30 de outubro, de 16:30 a 18:30 h, celebrarase no cole a festa de Samaín organizada pola ANPA.

Faremos unha busca de ósos, pintacaras e manualidades, que serán gratuitas para os socios e a 1 € cada actividade para os non socios. Tamén teremos un concurso de cabazas decoradas (hai que traelas feitas da casa).

O bar correrá a cargo da ANPA e pedimos colaboración ás familias coa doazón de lambetadas, bocadillos, etc. Pasade polo local ou enviade un correo a anpaceipchouzo@gmail.com para informar da vosa aportación. E se queredes axudar na organización, sodes benvidos! 😊

Haberá que sacar tique no bar, tanto para as consumicións como para as actividades.

Recordade que @s nen@s deben estar acompañados e vixiad@s por un adulto.

Se aínda non sodes socios da ANPA, non o dubidedes. Recordade que dende a 
ANPA xestionamos as actividades extraescolares e o taller de xogos, organizamos as festas de fin de curso, nadal, entroido e magosto,  e colaboramos co centro na compra de material escolar, na revista de fin de curso e nas orlas así como en tódolos temas nos que nos piden axuda. A ANPA SOMOS TODOS! 

miércoles, 18 de septiembre de 2019

Aberto o prazo de inscrición nas extraescolares


A inscrición realizarase no local da ANPA os días 18, 19 e 20 de setembro de 9:00 a 9:30 e de 16:30 a 17:30. Cada familia debe entregar a ficha de socio, o xustificante de pago da cota de socio e unha ficha por cada atividade extraescolar.

Para piscina, a reserva farase no local da ANPA os días 18,19 e 20 de setembro de 16:30 a 17:30.

lunes, 16 de septiembre de 2019

Reunión sobre actividades extraescolares

Familias, lembrade que hoxe luns 16 de setembro ás 16:30 é a reunión informativa no comedor para explicar o desenvolvemento das actividades. Existen algunhas que poden ter custos engadidos (licenzas federativas, material, equipacións…). Cocofante, o responsable das actividades, dará toda a información e resolverá as vosas dúbidas. Non faltedes e sede puntuais!

miércoles, 12 de junio de 2019

FESTA DE FIN DE CURSO

Dende a Directiva da ANPA queremos invitarvos como cada ano á gran festa de final de curso, que terá lugar o vindeiro venres 21 de xuño a partir das 16:30 h. Os nenos e nenas socios da ANPA entran de balde, para os demáis o prezo da entrada é de 12 euros/neno.
Como outros anos, os alumnos de 6º farán un bar e unha tómbola. Pedimos a colaboración de todas as familias para que as instalacións queden no mellor estado posible. E como remate final, a gran festa da escuma!
Non está permitido o uso das duchas nin de xogos de auga (globos e pistolas).

ASEMBLEA XERAL ORDINARIA

A Directiva da ANPA convoca a todos os seus socios á ASEMBLEA XERAL ORDINARIA que terá lugar o MARTES 18 de xuño ás 17:00 h en primeira convocatoria e ás 17:30 h en segunda convocatoria na biblioteca coa seguinte orde do día:
  • Lectura e aprobación da acta anterior
  • Informe de estado de contas
  • Informe da xunta directiva
  • Festa de fin de curso
  • Rogos e preguntas

martes, 4 de junio de 2019

EXCURSIÓN AO GROVE

Este ano para despedir o curso imos visitar O Grove o vindeiro sábado 15 de xuño de 2019. A información sobre a excursión é a seguinte:
         - Saída en catamarán visión submarina: 11:00 a.m.
         - Visita acuario do Grove: 12:30 p.m.

         (*) Haberá que presentarse 30 minutos antes no porto de saída para o embarque.

O prezo da excursión é de 13€/persona, tanto socios coma non socios.
         (*) Nenos/as de 0 a 2 anos de balde, pero hai que anotalos igualmente.
O prazo de inscrición é do 4 ao 6 de xuño ou ata esgotar prazas, 
no local da Anpa en horario de 9:00 a 9:15h / 16:00h a 17:00h. Pago en efectivo no momento da inscrición. As prazas asignaranse por rigorosa orde de inscrición.