miércoles, 30 de abril de 2025

Reunión para a renovación da Xunta directiva o 15 de maio


Estimadas nais e pais:

Neste curso haberá renovación na Xunta directiva da ANPA, polo que vos convidamos a presentar as vosas candidaturas ou a participar nalgún cargo. 

 O vindeiro xoves 15 de maio ás 17.00h  na aula de música reunirémonos coas familias novas que entran a formar parte do equipo e as que continúan e organizaremos os cargos da Xunta.

Por favor se scudides enviade un e-mail a anpaceipchouzo@gmail.com. 

Gracias por formar parte da ANPA do Chouzo!

Maio a tope!!


Este mes de maio estamos que lo petamos! Anota ben as datas para non perderte nada e se tes algunha dúbida consulta as nosas redes ou escríbenos a anpaceipchouzo@gmail.com. 

Reserva da revista escolar

Bule!! Fai a reserva da revista do cole enviando un correo a anpaceipchouzo@gmail.com, indicaremoste un numero de conta para facer o pago. 

Nota: o alumnado de 6° de primaria xa terá revista por defecto.

Formación Autoestima o xoves 8 de maio


🚨 FORMACIÓN AUTOESTIMA 

No mes de maio organizamos esta charla sobre autoestima impartida pola psicóloga Andrea Muñiz, onde se tratarán os seguintes puntos:

- Que é a autoestima? 
- Estados da autoestima
- Ferramentas para mellorala
- Actividades para fomentala
- Exemplos prácticos

🗓️ Xoves 8 de maio 
🕔 De 16:30 a 18:00h na aula de música 
🧔 Charla exclusiva para adultos ( familias e educadoras/es) 

✉️ Inscricións no correo anpaceipchouzo@gmail.com

 🐣 Indicade no email se precisades ludoteca para as crianzas (servizo de balde para alumnado do Chouzo e cun custo de 2€ para alumnado de fóra).

martes, 29 de abril de 2025

Recollida de leite para Vida digna

Coma viñemos facendo estes últimos cursos,  a partir do día 5 de maio recolleranse en secretaría bricks de leite para @asociacionvidadigna. 
Gracias a todas as familias pola vosa colaboración. 

Animádevos a escribir cartas polo día do neno hospitalizado, unha iniciativa de Bicos de papel


O vindeiro 13 de maio é o "Día do neno hospitalizado" e queremos apoiar esta iniciativa tan bonita de @bicos_de_papel!! 

Podedes entregar as vosas cartas no local o en secretaría ata o día 12 de maio para poder facelas chegar. 

Graciñas pola vosa colaboración!!

Se buscan empresas colaboradoras coa revista escolar

*Tes un negocio e queres colaborar coa ANPA Chouzo?* 

Patrocina a nosa revista escolar cunha aportación voluntaria e o logotipo da tua empresa aparecerá como colaborador. 

Escribe a anpaceipchouzo@gmail.com e fainos a tua proposta!! 

Gracias a todas as familias e amigos colaborador@s

Excursión á Fundación Sales o vindeiro 24 de maio

NOVA EXCURSIÓN !!! 

Na ANPA celebramos a chegada do bo tempo cunha nova saída en familia, está vez á Fundación Sales para facer unha visita e un taller de estampación vexetal. 

🗓️ Sábado 24 de maio
🕔 De 11:30 a 13:00h 
🧔 5€ por persona  (exclusivo para alumnado do Chouzo e un acompañante adulto). Menores de 3 anos de balde. 
🚨 40 plazas limitadas por orde de inscrición 

💵 Inscricións e pago en efectivo no local os días 5, 6 e 7 de maio de 9 a 9:30 e o martes 6 tamén de 16h a 17h.   
POR FAVOR TRAEDE IMPORTE EXACTO. 

viernes, 25 de abril de 2025

Pactos asinados "Sen smartphone ata os 16 anos"

Gracias por sumarvos ao Pacto de familias do Chouzo!!
 
Un compromiso entre familias que ten como finalidade atrasar a entrega dun smartphone ata os 16 anos de idade como aconsellan a AEP. 
Protexemos o benestar mental, físico e emocional dos menores,  e contribuíndo   así   a   manter   as   súas   actividades   saudables   evitando   a   distraccións constantes e reducindo a presión social para familias.

Cada semana actualizaremos as gráficas!!

Súmate a esta gran iniciativa na que cada vez somos máis!!

domingo, 13 de abril de 2025

"Educación Saudable: Eu Comprométome”, pacto para atrasar a chegada do móbil ao alumnado


Estimadas familias:

Ao igual que outros centros de Vigo, lanzamos o proxecto anual “Educación Saudable: Eu Comprométome”, para atrasar a chegada do móbil ao alumnado e para acadar un uso responsable do mesmo.

Esta iniciativa ten o fin de promover un pacto de familias para contrarrestar a presión social de entregar un smartphone con conexion a Internet antes dos 16 anos.

Este pacto ofrécese como unha axuda para protexer o benestar mental, físico e emocional dos menores, contribuíndo así a manter as súas actividades saudables, evitando a distracción constante e reducindo a presión social para familias e estudantes.

- Se é necesario ofrecer un dispositivo para poder comunicarse coas crianzas, existen alternativas como teléfonos móbiles analóxicos ou reloxos sen conexión a internet.

A continuación facilitamos tres enlaces para ter toda a información, e para poder sumarse ao pacto:

Pacto de familias – información detallada

Pacto de familias – resumo

Formulario para sumarse ao pacto

- O formulario de adhesión ao pacto é anónimo e o único dato que se publicará será o número total de familias/alumnado que se suman ao pacto por cada curso. Non se compartirán datos persoais nin de familias nin menores. Este compromiso renovarase ano a ano, ao inicio do curso escolar.

Semanalmente irase publicando no blog da ANPA os datos co número de pactos por aula.
Animádevos a participar!!!

Porque xuntas somos máis fortes!

jueves, 3 de abril de 2025

Excursión ás Illas Cíes o 14 de xuño

 



FICHA DE INSCRICIÓN AQUÍ 


O vindeiro 14 de xuño a ANPA organiza unha excursión ás Illas Cíes en familia. 

Itinerario da excursión(*):

-  Saída do porto de Vigo: 11:00 a.m.
-  Regreso das Illas Cíes: 20:00 p.m.

(*) É obrigatorio presentarse 30 minutos antes no porto de saída e de regreso, para o embarque.

Prezo da excursión:

- 8,50€/ persona (Os nenos/as de 0 a 4 anos de balde, pero hai que anotalos igualmente).

Prazo de inscrición e pago da excursión:

-  Do 7 ao 11 de abril (ou ata esgotar as prazas) no local da ANPA en horario de 9:00 a 9:30h e de 16:15 a 17:30h.
-  O pago debe facerse en efectivo con cambio exacto no momento da inscripción. 

Asignación de prazas:

-  As prazas son limitadas ao alumnado do CEIP Emilia Pardo Bazán e 2 acompañantes adultos.
-  As prazas asignaranse por rigoroso orde de inscrición.
-  É preciso indicar o DNI para maiores de 16 anos.

Para máis información enviade un correo electrónico a anpaceipchouzo@gmail.com.

Agardámosvos!!


miércoles, 2 de abril de 2025

Unhas fotos das formacións de Primeiros auxilios 4° de primaria e adultos

En España se producen arredor de 30.000 paradas cardiorespiratorias ao ano, é dicir, unhas 100 mortes diarias. O 84% destas paradas ocorren fora dos hospitais pero só 1/3 da poboación ten coñecementos de RCP. 

É por iso que dende o ANPA consideramos imprescindible a formación de Primeiros auxilios, que organizamos anualmente, tanto para o alumnando como para as familias, onde aprendemos RCP e a responder ante un atragantamento parcial ou total.

Deixámosvos unhas fotos dalguns momentos da formación de 4° de primaria desta mañá,  e das formación de adultos, esta tarde na escola. 
 

Retazos da formación Pautas e límites na educación

Aquí vos deixamos unhas instantáneas da charla de pautas e limites para a educación. 

Moi agradecidos aos membros da Fundación contra a drogodependencia do Concello de Vigo e a todas as familias pola gran acollida!

Dende a ANPA animamosvos a comentar as vosas impresións sobre as formacións que se levan a cabo, a través do email anpaceipchouzo@gmail.com ou nas redes. 

Gracias!