martes, 17 de junio de 2025

Festa Fin de Curso 2025


FESTA FIN DE CURSO🎉🎉🎉

Por fin chega a esperadísima Festa Fin de curso!!! 
O 20 de xuño a partires das 16:30h, despediremos o curso escolar coma todos os anos cunha super celebración organizada pola ANPA. 

🪅 Vinde desfrutar de atraccións, inchables, pintacaras, karaoke e máis sorpresas da man de @cocofantecocofante. 

👙 Vinde preparados para a festa da escuma con bañador, chanclas, muda e gafas de bucear para protexer os ollos. (Non se poden traer xogos de auga como pistolas ou globos). 

💸 A entrada a festa é de balde para as familias socias, para os non socios ten un custo de 12€ por neno/a. 

👭 Importante !! Os nenos /as deben estar acompañados dun adulto en todo momento.

📌 Lembrade que as instalacións deben quedar o máis limpas posible así que, por favor, facede uso das papeleiras e contedores.

Agardámosvos!!

domingo, 15 de junio de 2025

Préstamo de libros de texto 2025

Boas tardes! 
Coma tódolos cursos, a ANPA organiza o préstamo de libros de texto en prol da sostenibilidade e da economía das familias do cole. Participa como doante ou doatario seguindo estas pautas:

1. Solicita os libros que precises enviando un correo a anpaceipchouzo@gmail.com.
- Terán prioridade á hora de recibir libros as familias doantes e as familias socias da ANPA.
- Aínda que teñas a axuda da Xunta poderás pedir os libros que che falten.)

2. Déixanos os libros que xa non precises no local ou en secretaría.
* As recollidas no local serán os días:  luns 23, mércores 25, venres 27 e luns 30 de xuño de 9 a 10h. 
* Se deixas os libros en secretaría , que sexa nunha bolsa co nome e o curso e avísanos por email para poder recollelos. 

*Os libros de 1° e 2° de primaria non se poden doar porque son de actividades.

3. Devolve os libros que te prestaron o ano pasado.  

lunes, 9 de junio de 2025

Excursión a Ons en setembro


EXCURSIÓN ÁS ILLAS ONS EN SETEMBRO - INSCRICIÓNS A PARTIR DE MAÑA 

🛳️  Sabado 13 de setembro de 11 a 19:50h (Obrigotario presentarse 30 minutos antes dos embarques) 

📝 A inscrición e o pago en efectivo podedes facela do 10 ao 13 de xuño no local da ANPA en horario de 9 a 9:30h (de luns a venres) e de 16h a 17h o martes e o venres desa semana. 

💵 Entradas a 6'30€ por persoa (de balde os nenos/as ata o 3 anos) POR FAVOR TRAEDE IMPORTE EXACTO. 

📌 AS PLAZAS SON LIMITADAS por orde de inscrición. Prioridade ás familias con fillos/as matriculados no Chouzo  (máximo 2 adultos por familia)

domingo, 8 de junio de 2025

Exhibición extraescolares 2024/2024



O pasado venres compartimos en familia a exhibición de extraescolares do Chouzo e desfrutamos por igual pequenos e maiores.

 Gracias a todos pola vosa asistencia e gracias aos monitores e monitoras que fan posible o traballo cos nenos e nenas.