Así foi a Festa de Nadal do Chouzo: sorteos, manualidades, entrega de cartas, photocall e badaladas con gusanitos! Todo amenizado pola musica de @pakolas_pacocerdeira !! Gracias a todos por asistir. De parte da ANPA vos desexamos que pasedes unhas felices festas!
jueves, 26 de diciembre de 2024
viernes, 20 de diciembre de 2024
Papá Noel e elfiña reparten caramelos
Onte Papá Noel e Elfita mamá repartiron caramelos por todo o colexio. Disque os recibiron moi ben!!!!
sábado, 14 de diciembre de 2024
Novas mesas redondas para o patio de primaria
A ANPA adquiriru estas mesas redondas con bancada para o patio de primaria. Son moi versátiles porque valen para moitas cousas: xogar a xogos de mesa, tomar a merenda e ata dar clase no exterior.
Polo que nos contan, tiveron moito éxito!!
Gracias a todas as familias que participaron na montaxe!!
jueves, 12 de diciembre de 2024
Probando xogos de mesa con Customeeple
A formación de @customeeple voltou ao cole con novos xogos de mesa e moitas gañas de compartir connosco os seus beneficios na crianza.
Agora, a parte de coñecer ferramentas pedagóxicas moi interesantes, temos unha boa lista de ideas para agasallar en Nadal!
Gracias a todas as familias que asistiron e a @customeeple pola súa entrega!
jueves, 5 de diciembre de 2024
Festa de Nadal con Pakolas
Gardade xa o día!!! O 20 de decembro de 17h a 20h é a festa do Nadal no Chouzo e temos actuación de @pakolas_pacocerdeira!!
Haberá taller de pintura navideña, photocall, buzón para deixar as vosas cartas navideñas e ata badaladas de fin de ano. Vinde pasar unha tarde divertida en familia!
lunes, 2 de diciembre de 2024
Obradoiro de xogos de mesa o vindeiro xoves 12 de decembro
Repetimos formación con @customeeple, os nosos veciños de Torrecedeira 64! Encantounos o ano pasado e este curso voltan con xogos novos a mostrarnos que son unhas ferramentas moi interesantes para a crianza e a educación dos nosos fillos e fillas. E tamén unha moi boa idea a ter en conta antes do Nadal!
Taller: " Descubrindo o potencial dos xogos de mesa na educación" (para adultos: nais, pais e educadores/as)
Imparte: @customeeple
Día e hora: Xoves 12 de decembro ás 16:30h.
Beneficios dos xogos de mesa:
- Aprender a lidiar coa frustración
- Mellorar as relacións familiares
- Entrenar a concentración
- Potenciar contidos curriculares
- Axudar no control de impulsos (agardar quendas, estratexias, etc).
Inscricións en anpaceipchouzo@gmail.com (Indicando si precisas servizo ludoteca.)
* Esta formación está aberta a familias de fóra do cole, pero terán prioridade de asistencia as familias do Chouzo. (O servizo ludoteca terá un custo de 2€ para as familias de fóra do cole).
Suscribirse a:
Entradas (Atom)