Hoxe tivemos un relaxante obradoiro de saúde mental da man de Andrea Tumbeiro, masaxista, enfermeira, técnica en benestar e nai da escola.
Aprendimos a importancia da respiración abdominal e a inhalar aos poucos para sentir como se extende o aire dende o abdomen ata os pulmóns. É preciso empregar esta respiración para controlar a ansiedade e manter a calma ante situacións de estrés.
A través de varias dinámicas comprobamos que existen diversos factores que xeran estrés no noso día a día, tales como o traballo, as tarefas domésticas, a economía, a familia, as rutinas diarias, … Estas cargas son moi difíciles de soportar cando se producen constantemente ao mesmo tiempo. Por este motivo, debemos centrarnos nunha soa tarefa, a que vexamos máis urxente ou necesaria, para evitar colapsar.
Andrea explicounos que en sanidade están a atopar niveles de ansiedade e estrés en menores cada vez más novos e que resulta imprescindible coidar o seu equilibrio físico, mental e emocional. Sería de gran axuda que os centros educativos ensinaran educación emocional e técnicas de respiración en temprana idade, xa que é clave para manexar a frustracións dunha maneira saudable.
Finalizamos cunha relaxación guiada, animándonos a que incorporala como rutina nas nosas vidas, empezando con pouco tempo para ir ampliando según a práctica.
Gracias por todo Andrea!