Estamos de celebración!! A ANPA Chouzo recibiu unha subvención con cargo o Plan Corresponsables 2024 da Secretaría Xeral de Igualdade para a contratación dun monitor/a no servizo de comedor do CEIP Emilia Pardo Bazán.
martes, 25 de junio de 2024
Fin de curso 2024
Rematou o cole!! 🎉🎉
E, coma sempre, unha chea de sentimentos ateigan o noso corpo: satisfacción por ter superado o curso e os múltiples retos aos que nos enfrontamos cada día de escola, tanto a cativada, coma as familias e os docentes, pero tamén nostalxia por non poder parar o tempo, porque a rapazada medra e cada vez nos necesitan menos!
A ANPA pecha un ano de importantes cambios (de directiva, de vogais..), e de moitos retos cumplidos. Neste curso organizamos 7 formacións para familias e profesionais da ensinanza en multiples áreas (saúde, benestar, crianza, trámites burocráticos...). Gracias pola vosa asistencia e participación, o esforzo por vir formarse denota un interese e unhas inquedanzas que seguro repercutirán no bienestar da vosa familia.
Organizamos as festas das tradicionais datas sinaladas, este ano tamén cos Elfos de Nadal, o concurso de disfraces e o esperado Magosto. Tamén retomamos as excursións, cunha cita moi especial ás Illas Cíes e outra a volta do veran ás Illas Ons, e celebramos os famosos Pícnics en familia na zona do hórreo. E por suposto a esperada Festa de fin de curso!!
Dende o Comando verde continuamos sementando e coidando as hortas de primaria e infantil e facendo o entorno do cole mais amigable coas casas de bechos, casas de morcegos e comedeiros para paxaros instalados en distintas partes do cole. Ademais, trouxemos elementos moi especiais para que os patios sexan mais naturais e inclusivos, instalando as mesiñas con bancada e a casa de madeira con camiño de chanzos nos patios de primaria.
E para o ano que ven, máis!! Coma todos os cursos seguiremos ofrecendo os servizos de conciliación da aula madruga e da aula mediodía e tamén un montón de extraescolares (que xa están publicadas no blog).
Gracias a todos pola vosa confianza!
jueves, 20 de junio de 2024
Marcha Pilar de Araújo, pero queda Pili
Chegou un momento agridoce, cheo de gratitude e nostalxia. Despois de anos de dedicación incansable, despídese Pilar de Araújo, quen foi directora e, sobre todo, profesora das nosas crianzas máis pequenas. Pero non é un adeus, senón un “ata logo” cargado de lembranzas e afecto. O mellor de todo é que queda para sempre a nosa Pili.
A súa paixón pola educación, o seu compromiso con cada estudante e o seu amor pola nosa comunidade, deixaron unha pegada imborrable nos nosos corazóns. Mostra disto é cada vez que exerce de avoa e baixa ao parque de Industria, onde é saudada con afecto e amor polos nosos nenos e nenas, que a arrodean con todo o agarimo.
Quen escribe estas liñas coñeceuna xa coma Directora, e recibiu sempre dela o apoio incondicional para a transformación e mellora do noso colexio. Os corredores e as aulas non serán os mesmos sen a súa presenza, pero o seu legado perdurará. Agardo que este último ano, onde deixou a Dirección para poder dedicarse aos seus nenos, fose o colofón para poder despedirse na súa carreira profesional facendo o que máis lle gustaba.
Estes días de despedida deixan claro que todos lle desexamos o mellor nesta nova etapa da vida. Quédanos a alegría de saber que, como avoa, seguiremos véndoa polo noso Chouzo a miúdo.
Con moito agarimo de toda a comunidade educativa, e dunha ANPA que sempre contou con ela para todo, enviámoslle unha forte aperta.
Fabio Freixeiro – presidente da ANPA
martes, 18 de junio de 2024
Excursión ás Illas Cies
15/06/24
E marchamos ás Cíes!! Entre neveiriñas, litros de auga, bocatas de tortilla, balóns de plástico e moitos moitos nenos e nenas!
A Praia de Rodas encheuse de miles de pequenas pegadas e durante unha xornada só se escoitaron risas, salpicaduras, chutes ao balón e toques ás palas. Os máis valientes visitaron o Faro e outros a cafetería en procura dun xeado.
Marchamos todos contentos de ter compartido unha bonita experiencia en familia vendo aos nenos e nenas desfrutar. Algún que outro cunha picadura de gaivota por ter levado un bocata demasiado rico!!
Moitisimas gracias ás voluntarias e voluntarios da ANPA por organizar experiencias coma esta!! Queremos repetir!!
jueves, 13 de junio de 2024
Préstamo de libros
Queridas familias!
Un curso mais, a ANPA organiza o préstamo de libros de texto entre as familias do cole.
Doar os libros deste curso fomenta un consumo responsable, axuda a economía doutras familias e dá prioridade á hora de recibir libros para o vindeiro ano.
- Para doar: deixa os libros na secretaria do cole (cun nome identificativo) ou no local da ANPA en horario de 9:00 a 10:00h os martes e xoves do 25 de xuño ao 4 de xullo.
- Para recibir: solicita os libros que precises enviando un correo a anpaceipchouzo@gmail.com.
Aclaracións sobre o préstamo de libros:
- O préstamo de libros é unha iniciativa da ANPA, que fai de organizadora e mediadora entre as familias para pasarse libros dun ano para outro.
- As familias doantes e socias da ANPA terán prioridade á hora de recibir libros.
- As familias que soliciten a axuda da Xunta para libros de texto e material poden participar perfectamente nesta iniciativa. Deben solicitar os libros que non reciban da Xunta, é dicir, se por exemplo recibes 3 libros pola axuda, podes pedir os restantes ao préstamo da ANPA.
- Se tes varios fillos no cole e doas os libros do irmá/n maior, unha vez o seguinte irmán chegue a ese curso, recibirá automáticamente eses libros (antes de facer o reparto ao resto de familias), sempre que os libros non cambiaran. Animámosvos a doar e non ter guardados os libros varios cursos porque así teredes prioridade á hora de recibir libros para o irmá maior.
Gracias por participar.
Se tes dúbidas escríbenos ao correo!
lunes, 3 de junio de 2024
Festa fin de curso 2023/2024
🎉🎉🎉FESTA FIN DE CURSO🎉🎉🎉
Por fin chega a esperadísima Festa Fin de curso!!!
O 21 de xuño a partires das 16:30h, despediremos o curso escolar coma todos os anos cunha super celebración organizada pola ANPA.
🪅 Vinde desfrutar de atraccións, inchables, pintacaras, karaoke e máis sorpresas da man de @cocofantecocofante.
👙 Lembrade vir preparados para a festa da escuma con bañador, chanclas, muda e gafas de bucear para os máis profesionais! (Non se poden traer xogos de auga como pistolas ou globos).
💸 A entrada a festa é de balde para as familias socias, para os non socios ten un custo de 12€ por neno/a.
👭 Importante !! Os nenos /as deben estar acompañados dun adulto en todo momento.
Agardámosvos!!
sábado, 1 de junio de 2024
Pícnic fin de curso 2023/2024
Hoxe celebramos o pícnic fin de curso no cole e pasámolo pipa pequenos e maiores!
Comimos á fresca, xogamos á pelota, pintamos a cara de fantasía, fixemos manualidades con lazos e contas e sacamos fotos estrafalarias.As crianzas refrescáronse con pistolas de auga e uns bós manguerazos ao ritmo da musica. Corría unha brisiña e estábase de luxo!
Gracias a todas as familias que viñechedes compartir con nos e a @costurasdeana por todo o material tan chulo que trouxeches.
Repetiremos!!!
Suscribirse a:
Entradas (Atom)