lunes, 13 de octubre de 2025
viernes, 10 de octubre de 2025
Asamblea xeral 23 outubro
Boas tardes, a ANPA convoca ás familias socias a Asamblea Xeral, que terá lugar o vindeiro xoves 23 de outubro ás 16:30h en primeira convocatoria e 17h segunda convocatoria na aula de música.
Orde do día:
- Lectura e aprobación da acta anterior
- Informe estado de contas
- Informe Xunta directiva
- Festas e formacións para o curso 2025/2026.
- Cambio de entidade da conta bancaria da ANPA
- Rogos e preguntas
Agardamos a vosa asistencia para estar ao tanto e coñecer as vosas inquedanzas.
jueves, 9 de octubre de 2025
Obradoiro papaventos pola Saúde mental da man de Foanpas
Bo día!
Co gallo do Día da Saúde mental e por iniciativa de Foanpas, o vindeiro venres 17 de outubro ás 17h faremos un obradoiro de papaventos no cole.
Inscríbete no correo foanpas @foanpas.com.
Agardámosvos !!
martes, 30 de septiembre de 2025
Éxito de participación na formación Sexualidade e seguridade nas redes
Este luns na charla "Sexualidade e seguridade nas redes" da man de Andrea Tumbeiro incluímos por primeira vez aos nenos e nenas como público. Resultou interesante coñecer as súas opinións e tratar con eles os seguintes temas:
- A quen consultan os menores as dúbidas sobre sexualidade.
- As diferencias entre sexo e xénero.
- O signigicado das siglas LGTBIQ+.
- A Lei“SI es SI”.
- Os distintos tipos de anticonceptivos.
- A importancia de marcar límites e respectar o noso corpo.
- Os perigos nas redes sociais e nos videoxogos: o sexting e o grooming
- A linguaxe e emoticonos que utilizan nas redes os adolescentes para falar de sexo e de drogas.
- As ferramentas que axudan ás familias a falar da sexualidade: libros e contos que existen no mercado.
Por último, Andrea presentounos os resultados do seu estudio sobre sexualidade en menores realizado en diferentes centros educativos da provincia de Pontevedra. Chamou especialmente a atención que se conclúe que a idade a que se comeza a ter relacións sexuais está comprendida entre os 11 e os 16 anos.
Como colofón, Andrea organizou un xogo tipo Pasapalabra nos que participaron adultos e menores.
Para profundizar sobre o tema podedes consultar información complementaria ou escribirnos a anpaceipchouzo@gmail.com.
Nota: Dende a ANPA gustaríanos que as familias asistentes a esta formación nos escribirades un correo contándonos que vos pareceu a charla e se vos gustaría recibir outras formacións coa mesma temática. Gracias polo voso interese e participación!
Información complementaria sobre Sexualidade e seguridade nas redes
Neste post achegamos información complementaria á charla Sexualidade e seguridade nas redes de Andrea Tumbeiro.
Se algunha familia ten interese en ampliar información ou consultar dúbidas pode escribirnos a anpaceipchouzo@gmail.com e pasamoslla á Andrea.
Descarga documento Impacto de la tecnología en la adolescencia
Anexos de interese:
miércoles, 24 de septiembre de 2025
Formación en familia: Sexualidade e seguridade nas redes
Bos días, animamos a toda a comunidade educativa á asisitir á nosa primeira formación do ano: Sexualidade e seguridade nas redes, un obradoiro en familia enfocado dende un punto de vista sanitario da man de Andrea Tumbeiro.
🩵 A formación é adecuada para toda a familia, e anímase a participar a menores a partir de 4º de primaria.
📌 Terá lugar o luns 29 setembro ás 16h, na Aula de música.
📝 Inscricións no correo anpaceipchouzo@gmail.com. Poden acudir familias de fóra do cole (con prioridade para as familias do Chouzo)
🐣 Haberá servizo de ludoteca. Indica no correo se a precisas. (Servizo de balde para familias do Chouzo, 2€ para familias de fóra).
jueves, 4 de septiembre de 2025
Adolescencia libre de móbiles. Pacto de familias
Estimadas familias:
Compartimos o enlace na que as familias poderan adherirse o pacto de familias para retrasar a chegada do móbil con conexión a internet ao alumnado.
Esta iniciativa ten o fin de promover un pacto de familias para contrarrestar a presión social e retrasar a entrega dun smartphone antes dos 16 anos.
Este pacto ofrécese como unha axuda para protexer o benestar mental, físico e emocional dos menores, contribuíndo así a manter as súas actividades saudables, evitando a distracción constante e reducindo a presión social para familias e estudantes.
- Se é necesario ofrecer un dispositivo para poder comunicarse coas crianzas, existen alternativas como teléfonos móbiles analóxicos ou reloxos sen conexión a internet.
A continuación facilitamos o enlace facilitado dende Adolescencia libre de móviles onde aparece noso centro escolar:
Suscribirse a:
Entradas (Atom)