jueves, 21 de diciembre de 2023
Os elfos Lula e Lulo visitan o cole
Hoxe os nenos e nenas do Chouzo tiveron unha visita moi especial! Os elfos Lulo e Lula percorreron a escola repartindo doces e cartiñas para Papá Noel. Mañán xa é o último día do trimestre e rematamos con moi bo sabor de boca!
miércoles, 13 de diciembre de 2023
Se buscan voluntari@s para facer sementeiros
Atención! Atención!
O noso Comando verde busca voluntari@s que fagan sementeiros na sua casa para a horta do cole. A ANPA lles proporcionará a semente e a terra e os voluntarios teñen que facer os sementeiros e regar as plantiñas durante 3-4 semanas. Nese momento, deberán traelas ao cole porque xa estarán listas para ser plantadas na horta.
Interesad@s por favor enviade un correo a anpaceipchouzo@gmail.com e recollede o material no local os vindeiros martes día 19 e o mércores dia 20 de 09:00 a 09:15 e de 14:00 a 14:15.
Encantaranos recibir fotos das plantiñas para por no grupo de Telegram de Comando Verde e nas nosas redes sociais!
lunes, 11 de diciembre de 2023
Festa de Nadal 21 de decembro
🎅⛄️🎅VOLVE A FESTA DE NADAL AO CHOUZO! 🎅⛄️🎅
Será o xoves día 21 DE DECEMBRO en horario de 17 a 20:00 h. Haberá bar a cargo do alumnado de 6º, música, animación e, para rematar, unhas 🔔 badaladas 🔔 moi especiais.
🎄🎄Ademais, este ano queremos que o alumnado do cole axude a decorar a árbore instalada no vestíbulo da secretaría. Para iso, cada neno ou nena ten que elaborar o seu ADORNO e entregárllelo aos seus titores e titoras ata o día 20 DE DECEMBRO. 🎄🎄
Os e as profes irán colocando os adornos recibidos e elaborando a lista de participantes.
📋 Con esa lista, o día da festa de Nadal faremos un SORTEO con varios gañadores e PREMIOS, tanto para infantil como para os distintos ciclos de primaria.
Agardámosvos a todos e todas coas vosas mellores galas🕴🕺💃 e con moitas ganas de pasalo ben!!!! 🥳 🎉 🎊
viernes, 17 de noviembre de 2023
Empresas colaboradoras curso 2023 /2024
LISTA DE DESCONTOS CURSO 2023-24:
Os seguintes establecementos ofrecen un desconto as familias socias da ANPA entregando o carné de socio a hora da compra. Podes pedir o teu carné no local ou enviando un correo a anpaceipchouzo@gmail.com.
- NOVO! Customeeple tenda de xogos. Torrecedeira, 64. 15% en tódolos artigos.
- Copicor, Torrecedeira 115, 10% en compras superiores a 10 €
- Zapatería infantil El patio de Hugo, Av. Florida 34, 10 % (excepto Bobux, Feroz e pezas Meli; non aplicable a ofertas e rebaixas)
- Arrolos de Mai/Minimonstros, Teixugueiras 32, portal 2, 5 % (excepto artesanía, porteo e mobles; non acumulable a outras ofertas e descontos) e 5 % en libros de texto sempre que se faga reserva e pagamento (cheque Xunta) antes do 31 de xullo de 2023
- Belu Rodríguez Fotografía infantil, Illas Canarias 4, 10 % (excepto campaña de Nadal)
- Fisioterapia Pejito, Barcelona 78, 10 % en todos os servizos
- Glup Animación Infantil, Gran Vía 38, 3b, 15% en todos os servizos (festas, animacións, obradoiros, campamentos...)
- Baby Hogar Infantil, Barcelona 84 e López Mora 94, 10 % en artigos de tempada (uniformes escolares, artigos rebaixados e roupa de cerimonia non incluídos)
- Ferraxería Valfer, Coruña 52, 10 % (excepto produtos en oferta ou liquidación)
- Perruquería-Barbaría Bella Bambina, Torrecedeira 97, 10 % excepto tratamentos
- This Way Language Center, Praza Eugenio Fadrique 5, 5 % sobre as tarifas do curso 2023-2024, non acumulable con outros descontos. (Na circular había unha errata. Desculpade as molestias).
- Kenguru Espacio Familiar, Avda. do Rebullón 7, Mos, matrícula gratuíta e 5 % de desconto na cota mensual durante todo o curso 2023-24
- British Heritage, Av. Florida 32, matrícula gratuíta e 10 % de desconto na cota mensual (programa Básico no que os alumnos e alumnas se integran, segundo idades e niveis, nos cursos que lles correspondan)
lunes, 13 de noviembre de 2023
O CHOUZO AO CIRCO DE NADAL 2023
Este ano temos acceso a butaca bronce do circo de Nadal a un prezo especial de 10€ por persoa. A sesión é o vindeiro domingo 10 de decembro as 12 da maña.
Para anotarvos tedes ata o 26 de novembro pasando polo local da ANPA ou enviando un correo a anpaceipchouzo@gmail.com indicando: nome do nenos/as, curso e grupo, nome do(s) acompañante(s). (Os menores deben vir acompañados dun adulto). Confirmaremos polas nosas redes sociais se chegamos ao mínimo de 50 persoas anotadas para que se poida celebrar a actividade. Se sae o grupo, teriades que pagar por adiantado no local da ANPA entre os días 27 novembro e 5 de decembro, ambos incluídos. VINDE COMPARTIR A MAXIA DO CIRCO!
Chouzo sobre xeo 2023
Prezadas familias do Chouzo:
Estamos organizando unha xornada de patinaxe sobre xeo na pista de Samil durante a mañá do vindeiro 22 de decembro (de 11 a 12). Poden anotarse grandes e pequenos a un prezo de 5 €/persoa. Anotádevos ata o 26 de novembro no local da ANPA ou na dirección de correo anpaceipchouzo@gmail.com indicando: nome do neno/a, curso e grupo, nome do(s) acompañante(s) que tamén desexe(n) patinar, e se queredes pingüín (2,5 €, limitado a 1 pingüín por familia). Uns días despois, confirmaremos polas nosas redes sociais se chegamos ao mínimo de 50 persoas anotadas para que se poida celebrar a actividade. Se sae o grupo, teriades que pagar por adiantado no local da ANPA entre os días 27 novembro e 5 de decembro, ambos incluídos.
Cantos máis sexamos, máis diversión para todos/as! ANIMÁDEVOS!!
Estamos organizando unha xornada de patinaxe sobre xeo na pista de Samil durante a mañá do vindeiro 22 de decembro (de 11 a 12). Poden anotarse grandes e pequenos a un prezo de 5 €/persoa. Anotádevos ata o 26 de novembro no local da ANPA ou na dirección de correo anpaceipchouzo@gmail.com indicando: nome do neno/a, curso e grupo, nome do(s) acompañante(s) que tamén desexe(n) patinar, e se queredes pingüín (2,5 €, limitado a 1 pingüín por familia). Uns días despois, confirmaremos polas nosas redes sociais se chegamos ao mínimo de 50 persoas anotadas para que se poida celebrar a actividade. Se sae o grupo, teriades que pagar por adiantado no local da ANPA entre os días 27 novembro e 5 de decembro, ambos incluídos.
Cantos máis sexamos, máis diversión para todos/as! ANIMÁDEVOS!!
miércoles, 18 de octubre de 2023
RECOLLIDA DE FIRMAS CONTRA A PRIVATIZACIÓN DOS SERVIZOS MUNICIPAIS
RECOLLIDA DE FIRMAS CONTRA A PRIVATIZACIÓN DOS SERVIZOS MUNICIPAIS
Bdías! Estamos recollendo sinaturas en apoio á protesta contra a situación dos conserxes no ensino público. Acudide ao local de 9 a 9:20 h para asinar. Moitas gracias pola vosa colaboracion.
A labor das/os oficiais de instalacións municipais é fundamental no día a día da escola xa que se encargan de:
• Apertura e peche dos centros. É a primeira persoa que chega ó centro e prepara o mesmo para o comezo da actividade (abre portas e persianas, acende luces e calefacción) e tamén a encargada de abrir a entrada durante a xornada matutina. Coa súa carencia quen realiza estas labores é o equipo directivo e o persoal docente desatendendo as clases.
• Labores de control de acceso ó centro, polo que a súa falta incide negativamente na seguridade da escola (especialmente no alumnado de máis curta idade e no alumnado NEAE).
• Traballos de mantemento e pequenos arranxos, algo fundamental para a conservación das instalacións. • Limpeza e mantemento de zonas exteriores (corta de herba, retirada de follas, etc.) polo que os nosos patios tamén están descoidados.
Suscribirse a:
Entradas (Atom)