jueves, 26 de febrero de 2026
Gracias as familias asistentes a manifestación en apoio ao ensino público
Onte na manifestación en defensa do ensino público tivemos unha moi boa representación. Os nenos e nenas do Chouzo xa saben pedir o que lles é seu dende ben pequenos👏🏽👏🏽😉
lunes, 16 de febrero de 2026
Manifestación en apoio ao ensino público , o 25 de febreiro
🚨 MANIFESTACIÓN EN APOIO AO ENSINO PÚBLICO
Convocamos a todas as familias do centro a que nos acompañedes a denunciar os recortes que vén sufrindo a Educación Pública nestes últimos anos, o vindeiro mércores 25 a partir das 19:30h no cruce de Vía Norte con Urzáiz.
🖍️ O luns 23 estaremos facendo pancartas no cole de 16h a 18h. Únete!!
domingo, 15 de febrero de 2026
Formación Primeiros auxilios
🚨 FORMACIÓN PRIMEIROS AUXILIOS
Contamos coma todos os cursos con @gestossalvadores para unha formación tan indispensable.
🗓️ Martes 24 de febreiro
🕔 De 16:30 a 18:30h na aula de música
🧔 Charla exclusiva para adultos ( familias e educadoras/es)
✉️ Inscricións no correo anpaceipchouzo@gmail.com
🐣 Indicade no email se precisades ludoteca para as crianzas (servizo de balde para alumnado do Chouzo e cun custo de 2€ para alumnado de fóra).
lunes, 9 de febrero de 2026
Información e metodoloxía do noso centro
Aquí vos compartimos o tríptico informativo que elaborou o cole cos datos principais e a metodoloxía do centro. Esperamos que sexa do voso interese.
jueves, 5 de febrero de 2026
Formación Xunta de Galicia: "A familia como base do crecemento persoal e emocional"
A Xunta de Galicia desenvolverá unha nova xornada de formación dirixida ás familias co título “A familia como base do crecemento
persoal e emocional”.
A formación abordará aspectos como o desenvolvemento infantil e adolescente e como apoiar os cambios físicos e emocionais que se dan nestas etapas, así como a análise do impacto da tecnoloxía nas rapazas e rapaces e a importancia do seu uso responsable.
A xornada terá lugar o vindeiro sábado 21 de febreiro no Auditorio do Conservatorio Superior de Música de Vigo en horario de mañá. Pódese realizar a inscrición de balde a través do Portal Educativo, na ligazón
ata completar o límite de 290 prazas.
Achégase tamén con esta mensaxe o programa da actividade.
Agradecemos a difusión desta iniciativa á comunidade educativa, especialmente ás ANPAS, para o coñecemento das familias.
Suscribirse a:
Comentarios (Atom)