sábado, 6 de diciembre de 2025

Trae a tua decoración para a árbore de Nadal


💫🔔🎄 TRAE O TEU ADORNO DE NADAL PARA DECORAR A ÁRBORE DO COLE 

Coma todos os anos imos poñer unha árbore de Nadal na entrada de secretaría e gustaríanos contar con adornos feitos polos nenos e nenas. A partir do mércores xa os poden entregar a súa titora e logo se colgarán da árbore. 

Todos os que participen entrarán nun sorteo de premios Nadal. 

Gracias pola vosa colaboración!!

miércoles, 3 de diciembre de 2025

Tarxetas de Nadal para a asociación Asotrame

Estas chuladas fabricamos onte no cole para a asociación @asotrame: tarxetas de Nadal destinadas a pacientes de cancro hematoloxico ingresados en hospitais galegos. O noso graniño de area para repartir cariño nestas datas, que non son fáciles para todos.


lunes, 1 de diciembre de 2025

Patinaxe sobre xeo o 20 de decembro

O sábado 20 de decembro de 11 a 12h quedaremos para patinar sobre xeo en Samil. 

💵 As entradas teñen un custo de 5€ por persoa e 3€ por pingüín (pódese pedir un por familia ). Todos os menores deben estar acompañados por un adulto. 

🎟️ A compra de entradas pode facerse ata o 10 de decembro no local da ANPA todos os días a partir das 9h e de tarde os días 3 e 10 de decembro de 16 a 17h.

Circo de Nadal 14 de decembro


Coma todos os anos, a ANPA organiza actividades de Nadal para desfrutar en familia. O domingo 14 de decembro ás 12h iremos ao Circo de Nadal. 

💵 As entradas teñen un custo de 9€ por persoa (entrada bronce) ou 12€ por persoa (plata). Son de balde os menores de ata 24 meses que non ocupen asiento. Todos os menores deben estar acompañados por un adulto. 

🎟️ A compra de entradas pode facerse ata o 10 de decembro no local da ANPA todos os días a partir das 9h e de tarde os días 3 e 10 de decembro de 16 a 17h.