lunes, 9 de marzo de 2026

II Formación Prevención do acoso - 24 marzo


OBRADOIRO PREVENCIÓN DO ACOSO (2ª parte) 
Imparte: Gabinete Arnela

🩵 A formación é adecuada para proxenitores, educadores e menores a partir dos 7 anos. Haberá un profesional para os adultos e outro para os menores, rematando cunha reflexión conxunta. 

📌 Martes 24 de Marzo,  de 16:30 a 18h na Aula de música para menores e aula de 5º para adultos.

📝 Inscricións no correo anpaceipchouzo@gmail.com. (Indica no correo a idade dos menores e o centro educativo). Poden acudir familias de fóra do cole (con prioridade para as familias do Chouzo). 

🐣 Haberá servizo de ludoteca. Indica se @ menor asistirá ó obradoiro ou a ludo, e a que centro pertences . (Servizo de balde para familias do Chouzo, 2€ para familias de fóra).

Formación Primeiros auxilios en 4° e 6° de primaria


FORMACIÓN PRiMEIROS AUXILIOS EN 4° E 6° DE PRIMARIA 

Na ANPA consideramos imprescindible a formación de Primeiros auxilios e a organizamos anualmente, tanto para o alumnando como para as familias.

En España se producen arredor de 30.000 paradas cardiorespiratorias ao ano, é dicir, unhas 100 mortes diarias. O 84% destas paradas ocorren fora dos hospitais pero só 1/3 da poboación ten coñecementos de RCP. 

Nesta formación o noso alumnado de 4° e 6° de primaria aprendeu a técnica do RCP e a responder ante un atragantamento parcial ou total.

Deixámosvos unhas fotos dalguns momentos da formación que tivo lugar esta semana. 

jueves, 26 de febrero de 2026

Gracias as familias asistentes a manifestación en apoio ao ensino público

Onte na manifestación en defensa do ensino público tivemos unha moi boa representación. Os nenos e nenas do Chouzo xa  saben pedir o que lles é seu dende ben pequenos👏🏽👏🏽😉

lunes, 16 de febrero de 2026

Manifestación en apoio ao ensino público , o 25 de febreiro


🚨 MANIFESTACIÓN EN APOIO AO ENSINO PÚBLICO 

Convocamos a todas as familias do centro a que nos acompañedes a denunciar os recortes que vén sufrindo a Educación Pública nestes últimos anos, o vindeiro mércores 25 a partir das 19:30h no cruce de Vía Norte con Urzáiz.  

🖍️ O luns 23 estaremos facendo pancartas no cole de 16h a 18h. Únete!! 

domingo, 15 de febrero de 2026

Formación Primeiros auxilios

🚨 FORMACIÓN PRIMEIROS AUXILIOS 

Contamos coma todos os cursos con @gestossalvadores para unha formación tan indispensable. 

🗓️ Martes 24 de febreiro 
🕔 De 16:30 a 18:30h na aula de música 
🧔 Charla exclusiva para adultos ( familias e educadoras/es) 

✉️ Inscricións no correo anpaceipchouzo@gmail.com

 🐣 Indicade no email se precisades ludoteca para as crianzas (servizo de balde para alumnado do Chouzo e cun custo de 2€ para alumnado de fóra).

lunes, 9 de febrero de 2026

Información e metodoloxía do noso centro

Aquí vos compartimos o tríptico informativo que elaborou o cole cos datos principais e a metodoloxía do centro. Esperamos que sexa do voso interese.

jueves, 5 de febrero de 2026

Formación Xunta de Galicia: "A familia como base do crecemento persoal e emocional"

A Xunta de Galicia desenvolverá unha nova xornada de formación dirixida ás familias co título “A familia como base do crecemento 
persoal e emocional”.

A formación abordará aspectos como o desenvolvemento infantil e adolescente e como apoiar os cambios físicos e emocionais que se dan nestas etapas, así como a análise do impacto da tecnoloxía nas rapazas e rapaces e a importancia do seu uso responsable.

 A xornada terá lugar o vindeiro sábado 21 de febreiro no Auditorio do Conservatorio Superior de Música de Vigo en horario de mañá. Pódese realizar a inscrición de balde a través do Portal Educativo, na ligazón 
ata completar o límite de 290 prazas.

Achégase tamén con esta mensaxe o programa da actividade.

Agradecemos a difusión desta iniciativa á comunidade educativa, especialmente ás ANPAS, para o coñecemento das familias.