jueves, 9 de mayo de 2024

O mundo das emocións no obradoiro de Quérote +

Este mércores profundizamos no mundo das emocións da man de @querote_mais para entender o cometido de cada emoción e saber acompañar aos nosos fillos /as.
Todas as emocións son necesarias i é importante vivilas. Non se poden tapar, reprimir nin evitar, se non aprender a reconduci- las e a millorar a reacción ante elas.

- O Medo aparece como defensa, debese afrontar para  capacitar e fortalecer a autoestima e a autonomía. Ás veces os adultos incapacitamos aos nosos fillos ao transmitirlles moitos medos artificiáis e innecesarios. 

- A Ira aparece ante un sentimento de inxustiza, queremos freala e loitar.

- A Sorpresa serve para parar e prestar atención en algo concreto.

- A Tristura mostra un sentimento de perda e se precisa a soidade para reintegrarte. Debemos respetar esos momentos nos que demandan estar sos.

-A Ledicia amosa afiliación, querer compartir cos demáis porque somos seres sociáis. Os nenos celebran a súa maneira este sentimento que as veces choca co “políticamente correcto” da visión adulta.

- O Noxo alértanos e protéxenos de algo que non nos gusta ou que non é saudable, tanto a nivel emocional como físico.

A nosa xeración herdou unha educación bastante autoritaria e tendemos a mellorar aplicando unha máis democrática, como a  crianza respetuosa. Neste tipo de crianza todos participamos nas tomas de decisións, pero antes hai que marcar uns límites claros, entendibles e que atendan ás necesidades e a madurez dos nenos/as. Cando se lles deixa tomar parte consensuadamente nas decisións que lles concernen, aumentamos a súa responsabilidade, autonomía e capacidade de decisión.
É importante que toda a familia siga unha mesma línea de crianza e marque límites similares.

Os adultos somos os seus referentes e modelos de conducta. Debemos traballar para millorar, compartirlles  cómo nos sentimos, mostrar as nosas imperfeccións e remendar os nosos erros cando nos trabucamos. Hai que estar alerta co adultocentrismo, porque non debe xirar todo ante nosas necesidades. 

Todos aprendemos, non existe a perfección e nós somos o seu mellor exemplo!!