domingo, 15 de junio de 2025

Préstamo de libros de texto 2025

Boas tardes! 
Coma tódolos cursos, a ANPA organiza o préstamo de libros de texto en prol da sostenibilidade e da economía das familias do cole. Participa como doante ou doatario seguindo estas pautas:

1. Solicita os libros que precises enviando un correo a anpaceipchouzo@gmail.com.
- Terán prioridade á hora de recibir libros as familias doantes e as familias socias da ANPA.
- Aínda que teñas a axuda da Xunta poderás pedir os libros que che falten.)

2. Déixanos os libros que xa non precises no local ou en secretaría.
* As recollidas no local serán os días:  luns 23, mércores 25, venres 27 e luns 30 de xuño de 9 a 10h. 
* Se deixas os libros en secretaría , que sexa nunha bolsa co nome e o curso e avísanos por email para poder recollelos. 

*Os libros de 1° e 2° de primaria non se poden doar porque son de actividades.

3. Devolve os libros que te prestaron o ano pasado.  

No hay comentarios: