martes, 30 de septiembre de 2025

Éxito de participación na formación Sexualidade e seguridade nas redes

Este luns na charla "Sexualidade e seguridade nas redes" da man de Andrea Tumbeiro incluímos por primeira vez aos nenos e nenas como público. Resultou interesante coñecer as súas opinións e tratar con eles os seguintes temas:

- A quen consultan os menores as dúbidas sobre sexualidade.
- As diferencias entre sexo e xénero.
- ⁠O signigicado das siglas LGTBIQ+.
- A Lei“SI es SI”. 
- Os distintos tipos de anticonceptivos.
- ⁠A importancia de marcar límites e respectar o noso corpo.
- Os perigos nas redes sociais e nos videoxogos: o sexting e o grooming
- A linguaxe e emoticonos que utilizan nas redes os adolescentes para falar de sexo e de drogas.
- As ferramentas que axudan ás familias a falar da sexualidade: libros e contos que existen no mercado.

Por último, Andrea presentounos os resultados do seu estudio sobre sexualidade en menores realizado en diferentes centros educativos da provincia de Pontevedra. Chamou especialmente a atención  que se conclúe que a idade a que se comeza a ter relacións sexuais está comprendida entre os 11 e os 16 anos. 
Como colofón, Andrea organizou un xogo tipo Pasapalabra nos que participaron adultos e menores.

Para profundizar sobre o tema podedes consultar información complementaria ou escribirnos a anpaceipchouzo@gmail.com. 

Nota: Dende a ANPA gustaríanos que as  familias asistentes a esta formación nos escribirades un correo contándonos que vos  pareceu a charla e se vos gustaría recibir outras formacións coa mesma temática. Gracias polo voso interese e participación! 

Información complementaria sobre Sexualidade e seguridade nas redes

Neste post achegamos información complementaria á charla Sexualidade e seguridade nas redes de Andrea Tumbeiro.
Se algunha familia ten interese en ampliar información ou consultar dúbidas pode escribirnos a anpaceipchouzo@gmail.com e pasamoslla á Andrea. 

Descarga documento Traduciendo emojis


Anexos de interese: 


miércoles, 24 de septiembre de 2025

Formación en familia: Sexualidade e seguridade nas redes


Bos días, animamos a toda a comunidade educativa á asisitir á nosa primeira formación do ano: Sexualidade e seguridade nas redes, un obradoiro en familia enfocado dende un punto de vista sanitario da man de Andrea Tumbeiro.

🩵 A formación é adecuada para toda a familia, e anímase a participar a menores a partir de 4º de primaria. 

📌 Terá lugar o luns 29 setembro ás 16h, na Aula de música.

📝 Inscricións no correo anpaceipchouzo@gmail.com. Poden acudir familias de fóra do cole (con prioridade para as familias do Chouzo) 

🐣 Haberá servizo de ludoteca. Indica no correo se a precisas. (Servizo de balde para familias do Chouzo, 2€ para familias de fóra).

jueves, 4 de septiembre de 2025

Adolescencia libre de móbiles. Pacto de familias

Estimadas familias:

Compartimos o enlace na que as familias poderan adherirse o pacto de familias para retrasar a chegada do móbil con conexión a internet ao alumnado.

Esta iniciativa ten o fin de promover un pacto de familias para contrarrestar a presión social e retrasar a entrega dun smartphone antes dos 16 anos.

Este pacto ofrécese como unha axuda para protexer o benestar mental, físico e emocional dos menores, contribuíndo así a manter as súas actividades saudables, evitando a distracción constante e reducindo a presión social para familias e estudantes.

- Se é necesario ofrecer un dispositivo para poder comunicarse coas crianzas, existen alternativas como teléfonos móbiles analóxicos ou reloxos sen conexión a internet.

A continuación facilitamos o enlace facilitado dende Adolescencia libre de móviles onde aparece noso centro escolar: