domingo, 28 de junio de 2026

Colaboradores revista escolar




Dende a ANPA queremos agardecer ás empresas que colaboraron na revista escolar, que foron as seguintes: 

@fisiopejito 
@ferreteriavalfer 
@mogacentrooptico 
@thiswaylc 
@cocofantecocofante 
@academianewcastle 
@e_lingua_vigo 
@mariscoriasbajas 
@educaocio


Agradecer a @espazolectornobel_vigo os libros tan bonitos doados para o noso centro. 

Graciñas a todas!! 

Fotiños da festa de fin de curso

Aquí temos algún recordo da festa de fin de curso, unha clausura moi especial na que despedimos o curso cun sorriso, con repetidos chapuzóns para refrescarnos, montando en toro mecánico, cantando cancións ... algúns con nostalxia e outras con moitas gañas de vacacións! Gracias @cocofantecocofante por un ano máis organizando unha festa chea de diversión! 

viernes, 19 de junio de 2026

AVISO TOMA DE IMAXES A MENORES

🎥📸💻📱 AVISO TOMA DE IMAXES A MENORES 
(Aviso para a Festa desta tarde) : 

O uso público das imaxes dos menores e maiores de idade sen consentimento, supón un incumprimento grave do seu dereito á privacidade e protección de datos.
Lembrámoslles que, segundo a Agencia Española de Protección de Datos, subir unha imaxe ou gravación en redes sociais ou grupos de difusión, excede o uso persoal ou doméstico, e poderían ser sancionados. Especialmente se son imaxes de menores.

jueves, 18 de junio de 2026

Enquisa formacións 25/26


Bo día, achegamos a enquisa sobre formacións da ANPa. Por favor dade a vosa opinión sobre as charlas asistidas e engadide ideas e suxerencias temáticas, horarios nos que estades disponibles , ideas de melllora...) de cara ao vindeiro curso. Gracias pola vosa colaboración!

* Aunque non viñerades ás charlas podedes deixar as vosas suxerencias. 

Enlace a enquisa: https://docs.google.com/forms/d/e/1FAIpQLSeyRpaPVE6jld2LNoGnuMrqsGR9OU_bP5d_0jkNKz4ZgNS3jA/viewform?usp=preview


🚨🚨Compartir estas suxerencias axuda a ofrecer formacións para que moitas máis familias poidan disfrutalas.

Agradecemos que participedes para compartir os vosos intereses e horarios e poder telos en conta e adaptalos á maioría das familias, (ainda que non puideses asistir as formacións). 
Este ano, como novidade,  se adaptaron moitas das formacións para incluir como asistentes ao alumnado. Sería de moita axuda coñecer se vos gustaría que seguiramos por esta línea e se os participantes disfrutaron delas.

martes, 16 de junio de 2026

Banco de libros da ANPA

Boas noites.
Coma tódolos cursos, a ANPA organiza o préstamo de libros de texto en prol da sostenibilidade e da economía das familias do cole. Participa como doante ou doatario seguindo estas pautas:

1. Solicita os libros que precises enviando un correo a anpaceipchouzo@gmail.com.
- Terán prioridade á hora de recibir libros as familias doantes e as familias socias da ANPA.
- Aínda que teñas a axuda da Xunta poderás pedir os libros que che falten.

2. Déixanos os libros que xa non precises no local ou en secretaría.
* As recollidas no local serán os días: martes 23, mércores 24, luns 29 e martes 30 de xuño, de 9 a 10h. 
* Se deixas os libros en secretaría , que sexa nunha bolsa co nome e o curso e avísanos por email para poder recollelos. 

*Os libros de 1° e 2° de primaria non se poden doar porque son de actividades.

3. Devolve os libros que te prestaron o ano pasado.

sábado, 13 de junio de 2026

Excursión ás illas Ons en setembro


☀️EXCURSIÓN ÁS ILLAS ONS 🐚

🚢 O 12 de setembro faremos unha excursión en familia ás Illas Ons.  

-  Saída do porto de Vigo: a elexir entre as 9:15h e as 12:15h. 
-  Regreso de Ons: 19:15h .

(*) É obrigatorio presentarse 30 minutos antes no porto de saída e de regreso. 

(**) O horario de ida se ten que elexir no momento da inscrición. 

💷 O prezo é de  8,30€/ persona (Os nenos/as de 0 a 4 anos van de de balde, pero hai que anotalos igualmente). 

📝 Podes inscribirte no local da ANPA ata o 19 de xuño (ou ata esgotar as prazas) en horario de 9:00 a 9:30h. 

Importante: traer a circular cuberta e o importe exacto. 

📥 As prazas son limitadas ao alumnado do CEIP Emilia Pardo Bazán + 2 acompañantes adultos 
- As prazas asignaranse por orde de inscrición. 

Para máis información, enviade un correo electrónico a anpaceipchouzo@gmail.com.

Festa de fin de curso 2025/26


🕺💃FESTA FIN DE CURSO 25/26 🫧🧑‍🎓

Por fin chega a esperadísima Festa Fin de curso!!! 
O 19 de xuño a partires das 16:30h, despediremos o curso escolar coma todos os anos cunha super celebración organizada pola ANPA. 

🪅 Vinde desfrutar de inchables, pintacaras, karaoke e máis sorpresas da man de @cocofantecocofante. 

👙 Vinde preparados para a festa da escuma con bañador, chanclas, muda e gafas de bucear para protexer os ollos.  (Non se poden traer xogos de auga como pistolas ou globos).  

💸 A entrada a festa é de balde para as familias socias, para os non socios ten un custo de 12€ por neno/a.  

👭 Importante !! Os nenos /as deben estar acompañados dun adulto en todo momento.

📌 Lembrade que as instalacións deben quedar o máis limpas posible así que, por favor, facede uso das papeleiras e contedores. 

📍Entrada permitida a alumnos/as e a exalumnos ata 2° ESO (con irmáns no centro e acompañados dun adulto) 

🎉🎉🎉Agardámosvos!!