martes, 3 de noviembre de 2026

Primeira formación do ano: Familias conectadas

FORMACIÓN FAMILIAS CONECTADAS. Programa de prevención e bo uso das TRICS.
Imparte: Alborada 

🩵 Formación para familias, docentes e alumnado de primaria.

📌 Mércores 18 de novembro,  de 16:30 as 18h.

🖥️ Contido:

- Riscos nas redes

- Alternativas de ocio

- Adicción

- Ciberacoso

- Contido non axeitado

📝 Inscricións no correo anpaceipchouzo@gmail.com. 

O taller de xogos ten vida propia

O taller de xogos ten vida propia. Os nenos e nenas de madrugadores e mediodía aproveitan para xogar e relacionarse en boa compañía. ❤️

Samaín no taller de xogos


O Samaín tamén chegou ao noso taller de xogos nunha xornada terroriiiiiifica!!!!

Éxito na festa de Samaín





Aquí tendes un anaco do fiestón do Samaín no que desfrutamos de comida tenebrosa, da actuación de @paconogueiras e dun gran bailoteo dentro e fóra da pista de baile!! Tamén desfrutamos de tres sorteos entre os asistentes, un obradoiro de manualidades e xogos de madeira para divertirnos.

Gracias a todas as familias que colaboraron e asistiron e aos nenos e nenas de 6*, por amenizar a cantina con tanta entrega ao ritmo da Macarena. Así da gusto!!
               https://www.instagram.com/reel/DfRsjuHMI1v/?dlrf=MW5nZ3V2cjRjcjdrMQ==

lunes, 26 de octubre de 2026

Asamblea Xeral 3 de novembro


CONVOCATORIA ASEMBLEA XERAL ORDINARIA

 📌Martes 3 de novembro ás 16:00h en 1ª convocatoria, 16:30 h en segunda convocatoria 📌Aula de música.             

Orde do día:

-- Lectura e aprobación da acta anterior
-- Informe do estado de contas.
- Informe da Xunta directiva. - 
- Formacións e festas para o curso 2026-27
-- Rogos e preguntas

Apreciamos a vosa asistencia para estar ao tanto das actividades e recoller as vosas inquedanzas. 
Moitas gracias! 

martes, 20 de octubre de 2026

Samaín con Paco Nogueiras

XA CHEGOU A FESTA DE SAMAÍN! 

Convidamosvos a celebrar o Samaín desfrutando dunha actuación de @Paco Nogueiras, un obradoiro de pintura tenebrosa e de comida e música horripilantes!

📝 Venres, 30 de outubro de 17h a 20h
 
🥁 Haberá sorteos entre todos os nenos e nenas que veñan disfrazados 

🥨 As familias que desexen colaborar coa ANPA para  traer comida decorada para vender na cantina, por favor enviade un correo a anpaceipchouzo@gmail.com.  

👍 Os menores deben estar sempre acompañados dun adulto durante a festa. 
 
Agardámosvos a todos!!moitas gracias

jueves, 8 de octubre de 2026

Subvención +Convivencia concedida


A subvención do programa + Convivencia da Deputación de Pontevedra foinos concedida ao ANPA CHouzo por un importe de 1.200€. Moitas gracias! 

martes, 15 de septiembre de 2026

Excursión a Ons: collendo folgos para o que ven!


E asi de ben arrancamos o curso na ANPA o pasado sábado: excursión a Ons con diazo, moita praia, moito sol, rutas e xogos na auga. 

Algúns de bocatas e outros enchendo o buche de pulpo. 

Un día para desfrutar en familia e coller folgos para o que ven!! 

Gracias aos que o fixéchedes posible e a @mardeons polas facilidades de grupo. 

miércoles, 9 de septiembre de 2026

Inicio de curso 2026/27


Estimadas familias,

A ANPA é a asociación de nais e pais de alumnos do cole que desenvolve distintas accións a favor dos nenos/as, entre as que destacan a organización e xestión das actividades extraescolares e dos talleres de xogos matinal e de mediodía, a colaboración co colexio na mellora das instalacións e equipamento e a organización de festas e excursións en familia, sendo o seu principal fin velar polos dereitos dos alumnos/as do colexio no que se refire a súa educación. 

Dende a xunta directiva queremos darvos a benvida a novo curso e informarvos de que estamos a vosa disposición no local ou no correo anpaceipchouzo@gmail.com para calquer suxerencia ou cuestión que queirades resolver. 

Que teñades un magnífico inicio de curso! 

domingo, 28 de junio de 2026

Colaboradores revista escolar




Dende a ANPA queremos agardecer ás empresas que colaboraron na revista escolar, que foron as seguintes: 

@fisiopejito 
@ferreteriavalfer 
@mogacentrooptico 
@thiswaylc 
@cocofantecocofante 
@academianewcastle 
@e_lingua_vigo 
@mariscoriasbajas 
@educaocio


Agradecer a @espazolectornobel_vigo os libros tan bonitos doados para o noso centro. 

Graciñas a todas!! 

Fotiños da festa de fin de curso

Aquí temos algún recordo da festa de fin de curso, unha clausura moi especial na que despedimos o curso cun sorriso, con repetidos chapuzóns para refrescarnos, montando en toro mecánico, cantando cancións ... algúns con nostalxia e outras con moitas gañas de vacacións! Gracias @cocofantecocofante por un ano máis organizando unha festa chea de diversión! 

viernes, 19 de junio de 2026

AVISO TOMA DE IMAXES A MENORES

🎥📸💻📱 AVISO TOMA DE IMAXES A MENORES 
(Aviso para a Festa desta tarde) : 

O uso público das imaxes dos menores e maiores de idade sen consentimento, supón un incumprimento grave do seu dereito á privacidade e protección de datos.
Lembrámoslles que, segundo a Agencia Española de Protección de Datos, subir unha imaxe ou gravación en redes sociais ou grupos de difusión, excede o uso persoal ou doméstico, e poderían ser sancionados. Especialmente se son imaxes de menores.

jueves, 18 de junio de 2026

Enquisa formacións 25/26


Bo día, achegamos a enquisa sobre formacións da ANPa. Por favor dade a vosa opinión sobre as charlas asistidas e engadide ideas e suxerencias temáticas, horarios nos que estades disponibles , ideas de melllora...) de cara ao vindeiro curso. Gracias pola vosa colaboración!

* Aunque non viñerades ás charlas podedes deixar as vosas suxerencias. 

Enlace a enquisa: https://docs.google.com/forms/d/e/1FAIpQLSeyRpaPVE6jld2LNoGnuMrqsGR9OU_bP5d_0jkNKz4ZgNS3jA/viewform?usp=preview


🚨🚨Compartir estas suxerencias axuda a ofrecer formacións para que moitas máis familias poidan disfrutalas.

Agradecemos que participedes para compartir os vosos intereses e horarios e poder telos en conta e adaptalos á maioría das familias, (ainda que non puideses asistir as formacións). 
Este ano, como novidade,  se adaptaron moitas das formacións para incluir como asistentes ao alumnado. Sería de moita axuda coñecer se vos gustaría que seguiramos por esta línea e se os participantes disfrutaron delas.

martes, 16 de junio de 2026

Banco de libros da ANPA

Boas noites.
Coma tódolos cursos, a ANPA organiza o préstamo de libros de texto en prol da sostenibilidade e da economía das familias do cole. Participa como doante ou doatario seguindo estas pautas:

1. Solicita os libros que precises enviando un correo a anpaceipchouzo@gmail.com.
- Terán prioridade á hora de recibir libros as familias doantes e as familias socias da ANPA.
- Aínda que teñas a axuda da Xunta poderás pedir os libros que che falten.

2. Déixanos os libros que xa non precises no local ou en secretaría.
* As recollidas no local serán os días: martes 23, mércores 24, luns 29 e martes 30 de xuño, de 9 a 10h. 
* Se deixas os libros en secretaría , que sexa nunha bolsa co nome e o curso e avísanos por email para poder recollelos. 

*Os libros de 1° e 2° de primaria non se poden doar porque son de actividades.

3. Devolve os libros que te prestaron o ano pasado.

sábado, 13 de junio de 2026

Excursión ás illas Ons en setembro


☀️EXCURSIÓN ÁS ILLAS ONS 🐚

🚢 O 12 de setembro faremos unha excursión en familia ás Illas Ons.  

-  Saída do porto de Vigo: a elexir entre as 9:15h e as 12:15h. 
-  Regreso de Ons: 19:15h .

(*) É obrigatorio presentarse 30 minutos antes no porto de saída e de regreso. 

(**) O horario de ida se ten que elexir no momento da inscrición. 

💷 O prezo é de  8,30€/ persona (Os nenos/as de 0 a 4 anos van de de balde, pero hai que anotalos igualmente). 

📝 Podes inscribirte no local da ANPA ata o 19 de xuño (ou ata esgotar as prazas) en horario de 9:00 a 9:30h. 

Importante: traer a circular cuberta e o importe exacto. 

📥 As prazas son limitadas ao alumnado do CEIP Emilia Pardo Bazán + 2 acompañantes adultos 
- As prazas asignaranse por orde de inscrición. 

Para máis información, enviade un correo electrónico a anpaceipchouzo@gmail.com.

Festa de fin de curso 2025/26


🕺💃FESTA FIN DE CURSO 25/26 🫧🧑‍🎓

Por fin chega a esperadísima Festa Fin de curso!!! 
O 19 de xuño a partires das 16:30h, despediremos o curso escolar coma todos os anos cunha super celebración organizada pola ANPA. 

🪅 Vinde desfrutar de inchables, pintacaras, karaoke e máis sorpresas da man de @cocofantecocofante. 

👙 Vinde preparados para a festa da escuma con bañador, chanclas, muda e gafas de bucear para protexer os ollos.  (Non se poden traer xogos de auga como pistolas ou globos).  

💸 A entrada a festa é de balde para as familias socias, para os non socios ten un custo de 12€ por neno/a.  

👭 Importante !! Os nenos /as deben estar acompañados dun adulto en todo momento.

📌 Lembrade que as instalacións deben quedar o máis limpas posible así que, por favor, facede uso das papeleiras e contedores. 

📍Entrada permitida a alumnos/as e a exalumnos ata 2° ESO (con irmáns no centro e acompañados dun adulto) 

🎉🎉🎉Agardámosvos!!

lunes, 8 de junio de 2026

Día chulo nas Illas Cíes


Que día tan chulo en familia pasamos o sábado nas Illas Cíes! 🦀🐟🪸🫧😍

Compartimos momentos de baño, xogo e comida a cuberto das gaivotas... Todo fesfrutando dunha marabillosa temperatura que nos agardabamos! Pero as Cíes sempre nos sorprenden. Repetiremos!

miércoles, 3 de junio de 2026

Mariscadores por un día, con Vigo pesqueiro


"Marisqueadores por un dia". 

Pasamos unha estupenda xornada na praia aprendendo con @vigopesqueiro. 
Gracias por facelo posible!

Doazóns de familias do Chouzo. gracias!


Doazóns de leite para @asociacionvidadigna coa colaboración de @foanpas. Gracias!


Doazóns de familias para o taller de xogos. Gracias!

viernes, 29 de mayo de 2026

Asamblea xeral o 15 de xuño


🚨ASAMBLEA XERAL🚨

Convocamos ás familias socias da ANPA á Asamblea Xeral de fin de curso. 

🗓️ Luns 15 de xuño
🕓 17:00h en 1° convocatoria e 17:30h en 2° convocatoria. 
📌Aula de música 

Orde do día:
- Lectura e aprobación da acta anterior 
- Informe da Xunta directiva 
- Calendario e horarios das actividades extraescolares para o curso 26/27. 
- Charlas e formacións
- Presuposto patios 
- Informe do estado das contas 
- Rogos e preguntas

Apreciamos a vosa asistencia para estar ao tanto e coñecer as vosas inquedanzas.

lunes, 25 de mayo de 2026

Mellores momentos da festa da primavera





🌸🌼Na festa da primavera participaron grandes e pequenos entre pinturas, risas, xogos e moitas cousas ricas de comer! Gracias a todas as familias que asistiron e a @trasnosocio pola animación.

Vigo pesqueiro co Chouzo


VIGO PESQUEIRO CO CHOUZO 🐟🦐🪸🫧🦀

O vindeiro domingo 31 de maio faremos unha actividade de marisqueo en familia da man de @vigopesqueiro.  Agardámovos!! 

🗓️ Domingo 31 de maio de 10 a 11:30h 
📍 Praza fronte á igrexa San Miguel de Bouzas 
💷  Menores 3€ e adultos 4€ (Inscrición e pagamento en efectivo no local da ANPA de 9 a 9:30h. ) 

📌 Plazas limitadas.

martes, 19 de mayo de 2026

Comeza a campaña de recollida de leite


Bos dias, se queredes participar na recollida de leite para @asociacionvidadigna coa colaboración de @foanpas , podedes deixar a vosa doazón na caixa de secretaría.

Gracias! 

jueves, 14 de mayo de 2026

Festa da primavera 🌸 22 de maio


🌼🌸FESTA DA PRIMAVERA 🌸 🌼 

O vindeiro venres 22 de maio agardámosvos para celebrar a primavera no Chouzo. Vinde disfrazados co voso millor disfraz primaveral e preparados para xogar en familia. 

🗓️ Venres 22 de maio 
🕖 De 17:15h a 20:15h 
 
📌 Lembrade que os menores deben estar acompañados dun adulto.