Este venres 19 pechamos o trimestre celebrando o inicio das festas en familia! Agardámosvos de 17h a 20h na festa do Nadal con xogos de madeira, sorteos e as nosas badaladas pre-fin de ano. Traede os vosos tocados navideños! 🎄🎄💫
domingo, 14 de diciembre de 2025
sábado, 6 de diciembre de 2025
Trae a tua decoración para a árbore de Nadal
💫🔔🎄 TRAE O TEU ADORNO DE NADAL PARA DECORAR A ÁRBORE DO COLE
Coma todos os anos imos poñer unha árbore de Nadal na entrada de secretaría e gustaríanos contar con adornos feitos polos nenos e nenas. A partir do mércores xa os poden entregar a súa titora e logo se colgarán da árbore.
Todos os que participen entrarán nun sorteo de premios Nadal.
Gracias pola vosa colaboración!!
miércoles, 3 de diciembre de 2025
Tarxetas de Nadal para a asociación Asotrame
Estas chuladas fabricamos onte no cole para a asociación @asotrame: tarxetas de Nadal destinadas a pacientes de cancro hematoloxico ingresados en hospitais galegos. O noso graniño de area para repartir cariño nestas datas, que non son fáciles para todos.
lunes, 1 de diciembre de 2025
Patinaxe sobre xeo o 20 de decembro
O sábado 20 de decembro de 11 a 12h quedaremos para patinar sobre xeo en Samil.
💵 As entradas teñen un custo de 5€ por persoa e 3€ por pingüín (pódese pedir un por familia ). Todos os menores deben estar acompañados por un adulto.
🎟️ A compra de entradas pode facerse ata o 10 de decembro no local da ANPA todos os días a partir das 9h e de tarde os días 3 e 10 de decembro de 16 a 17h.
Circo de Nadal 14 de decembro
Coma todos os anos, a ANPA organiza actividades de Nadal para desfrutar en familia. O domingo 14 de decembro ás 12h iremos ao Circo de Nadal.
💵 As entradas teñen un custo de 9€ por persoa (entrada bronce) ou 12€ por persoa (plata). Son de balde os menores de ata 24 meses que non ocupen asiento. Todos os menores deben estar acompañados por un adulto.
🎟️ A compra de entradas pode facerse ata o 10 de decembro no local da ANPA todos os días a partir das 9h e de tarde os días 3 e 10 de decembro de 16 a 17h.
jueves, 27 de noviembre de 2025
Crónica da formación en prevención do suicidio
Hoxe queremos agradecer ao @arnelagabinete outro marabilloso obradoiro de formación para familias, neste caso sobre a Prevención do suicidio.
Nesta obradoiro os adultos aprendimos a:
• Comprender o fenómeno do suicidio na infancia e na adolescencia, os mitos e as realidades.
• Os factores de risco e os de protección.
• As conductas autolíticas: qué son e cómo se manifestan.
• Os signos de alarma: cómo detectarlos e qué facer nesos casos.
• Cómo intervir e acompañar dende casa con sensibilidade e seguridade emocional.
Os menores que asistiron a charla (+10 años) aprenderon e participaron na:
• Identificación de emocións difíciles e estratexias de autocuidado.
• Reflexión sobre pedir axuda e coidar dos demáis.
• Cómo recoñecer o sufrimento propio e alleo sen xuizo.
• Dinámicas de grupo sobre apouo mutuo, empatía e redes de confianza.
❤️🩹 Os datos asustan, na causa externa é pola que morren máis adolescentes a partir dos 10 anos, pero a súa intención non é morrer, se non acabar co seu sufrimento, e o que lles faltan son ferramentas para superar as súas dificultades sen dañarse.
Atópanse en adolescentes con 15-16 anos sen gañas de vivir porque nunca se frustraron por non recibir un non. Este é o perigo da superprotección e de non por límites dende moi pequenos, porque acentúa que na adolescencia non saiban frustrarse. As redes sociais acentúan este malestar e fan que se aillen cada vez máis.
Moitas gracias ás familias que asistiron a esta formación e ás personas que a fixeron posible.
Podedes enviarnos coma sempre as vosas impresións ao correo anpaceipchouzo@gmail.com.
martes, 25 de noviembre de 2025
Obradoiro postais de Nadal para o proxecto Luces de colores de Asotrame
OBRADOIRO POSTAIS DE NADAL ADICADAS A PACIENTES INGRESADOS EN HOSPITAIS GALEGOS
O vindeiro martes 2 de decembro de 16:30 a 18h celebraremos no cole un obradoiro moi especial.: crear xuntos postais de Nadal para o proxecto "Luces de colores" da asociación @asotrame.
Estas postais irán destinadas a pacientes de cancro hematoloxico que pasarán as datas navideñas ingresados en hospitais de Galicia. A idea é facerlles un pouquiño máis ameno o ingreso e transmitirlles todo o noso apoio a través deste pequeno xesto.
💌 Inscrición ao obradoiro no correo anpaceipchouzo@gmail.com.
💟 As familias que desexen participar pero non poidan asistir ese día, poden deixar as súas cartas no local da ANPA ou no buzón.
Obradoiro xogos de mesa para toda a familia o 4 de decembro
OBRADOIRO XOGOS DE MESA
Imparte: @customeeple
🩵 A formación é adecuada para proxenitores, educadores e menores.
📌 Xoves 4 de decembro, de 16:30 a 18h na Aula de arte.
📝 Inscricións no correo anpaceipchouzo@gmail.com. (Indica no correo a idade dos menores e o centro educativo). Poden acudir familias de fóra do cole (con prioridade para as familias do Chouzo).
viernes, 14 de noviembre de 2025
Aprendendo xuntos a prevención do acoso escolar
✌️ Durante a xornada dividiuse o grupo en dous: por un lado, os adultos recibimos unha formación sobre as diferencias entre acoso e agresión, os síntomas de detección nos menores (cambios de humor, irratibilidade...) e cómo activar os protocolos de intervención dende o centro escolar e dende Inspección educativa. O acoso escolar é un tema complexo que se agravou nos últimos anos por culpa dun mal uso das redes sociais e o ciberacoso.
🩷 Por outro lado foron os menores (a partir de 7 anos), que fixeron unha chuvia de ideas sobre que é o acoso, creando un ambiente de confianza e participación no que cada un puido expresarse libremente. Tamén decoraron globos escribindo neles as cousas que non se poden permitir e elaboraron un fermoso mural con compromisos de convivencia.
Ao final da xornada, os adultos unímonos á rapazada e xuntos rematamos de encher o mural. Selamos o acto cun xogo no que cada equipo debía afastar os globos do seu terreo e, como era de esperar, gañaron os menores. 😝
Moitas gracias a Gabinete Arnela pola vosa magnífica forma de comunicar e o ambiente de confianza que se creou durante a charla. Gracias a todas as familias asistentes e ás personas da ANPA que o fixeron posible.
💌 Se participaches nesta charla por favor cóntanos as túas impresións no correo anpaceipchouzo@gmail.com.
Magosto no cole 2025
Esta mañá celebramos o magosto no cole, este ano
cunha gran cantidade de castañas que trouxeron as familias! Gracias! E gracias aos que viñechedes a pasar unha tarde picando castañas e aos que hoxe viñeron asar a pesares do mal tempo 😜. Feliz outono a todos e todas!
jueves, 13 de noviembre de 2025
Taller prevención do suicidio 26 de novembro
OBRADOIRO PREVENCIÓN DO SUICIDIO
Imparte: Gabinete Arnela
🩵 A formación é adecuada para proxenitores, educadores e menores a partir dos 10 anos.
📌 Mércores 26 de novembro, de 16:30 a 18h na Aula de música.
📝 Inscricións no correo anpaceipchouzo@gmail.com. (Indica no correo a idade dos menores e o centro educativo). Poden acudir familias de fóra do cole (con prioridade para as familias do Chouzo).
🐣 Haberá servizo de ludoteca. Indica no correo se a precisas. (Servizo de balde para familias do Chouzo, 2€ para familias de fóra).
martes, 4 de noviembre de 2025
Taller prevención do acoso 12 nov
OBRADOIRO PREVENCIÓN DO ACOSO
Imparte: Gabinete Arnela
🩵 A formación é adecuada para proxenitores, educadores e menores a partir dos 7 anos. Haberá un profesional para os adultos e outro para os menores, rematando cunha reflexión conxunta.
📌 Mércores 12 de novembro, de 16:30 a 18h na Aula de música.
📝 Inscricións no correo anpaceipchouzo@gmail.com. (Indica no correo a idade dos menores e o centro educativo). Poden acudir familias de fóra do cole (con prioridade para as familias do Chouzo).
🐣 Haberá servizo de ludoteca. Indica no correo se a precisas. (Servizo de balde para familias do Chouzo, 2€ para familias de fóra).
jueves, 23 de octubre de 2025
Buzón de suxerencias
BUZÓN DE SUXERENCIAS
📝A TÚA OPINIÓN IMPORTA!
AXÚDANOS A MELLORAR A EDUCACIÓN DOS TEUS FILLOS/AS
Na ANPA estamos comprometidos/as coa salvagarda do dereito do alumnado a recibir unha educación de calidade, segura, inclusiva e respectuosa, tal e como establece a nosa Constitución.
📬 Por este motivo, poñemos en marcha un Buzón de Suxestións para Nais, Pais e Titores, onde podedes compartir opinións, ideas e preocupacións sobre todo o que afecta á educación e ao benestar dos teus fillos/as e dos nenos/as do centro, como por exemplo:
- Melloras nas instalación
- Propostas para reforzar a docencia
- Suxerencias sobre o persoal (docente, de comedor, actividades ou calquera outro servizo do centro).
- Necesidades de apoio psicolóxico, emocional ou familiar.
- Calquera outra situación que afecte ao desenvolvemento educativo.
Todas as suxerencias serán revisadas con respecto, confidencialidade e compromiso.
A túa voz pode marcar a diferenza. Participa e construamos xuntos un centro mellor!
Nota: para as suxerencias ou queixas sobre o funcionamento do comedor escolar por favor contactade directamente co centro educativo no correo ceip.emilia.pardo@edu.xunta.gal.
miércoles, 15 de octubre de 2025
Festa de Samaín 2025
FESTA DE SAMAÍN 2025
Chega a primeira festa do ano, con sesión de circo da man de @asacocirco e un obradoiro de pintura tenebrosa, acompañado de comida e música horripilantes!
📝 30 de outubro de 17h a 19:30h
🥁 3 sorteos entre os que veñan disfrazados
🌭🥨🍩🍪 Agradecemos a vosa colaboración para traer comida tenebrosa, que seguro será coma sempre moi orixinal!
🕸️🕸️Despois da festa, os alumnos/as a partir de 3° de primaria que queiran poderán quedarse á velada de Samaín a partir das 20h (ver condicións e previa inscrición en @cocofantecocofante ).
Agardámosvos para pasalo de medo!!
lunes, 13 de octubre de 2025
viernes, 10 de octubre de 2025
Asamblea xeral 23 outubro
Boas tardes, a ANPA convoca ás familias socias a Asamblea Xeral, que terá lugar o vindeiro xoves 23 de outubro ás 16:30h en primeira convocatoria e 17h segunda convocatoria na aula de música.
Orde do día:
- Lectura e aprobación da acta anterior
- Informe estado de contas
- Informe Xunta directiva
- Festas e formacións para o curso 2025/2026.
- Cambio de entidade da conta bancaria da ANPA
- Rogos e preguntas
Agardamos a vosa asistencia para estar ao tanto e coñecer as vosas inquedanzas.
jueves, 9 de octubre de 2025
Obradoiro papaventos pola Saúde mental da man de Foanpas
Bo día!
Co gallo do Día da Saúde mental e por iniciativa de Foanpas, o vindeiro venres 17 de outubro ás 17h faremos un obradoiro de papaventos no cole.
Inscríbete no correo foanpas @foanpas.com.
Agardámosvos !!
martes, 30 de septiembre de 2025
Éxito de participación na formación Sexualidade e seguridade nas redes
Este luns na charla "Sexualidade e seguridade nas redes" da man de Andrea Tumbeiro incluímos por primeira vez aos nenos e nenas como público. Resultou interesante coñecer as súas opinións e tratar con eles os seguintes temas:
- A quen consultan os menores as dúbidas sobre sexualidade.
- As diferencias entre sexo e xénero.
- O signigicado das siglas LGTBIQ+.
- A Lei“SI es SI”.
- Os distintos tipos de anticonceptivos.
- A importancia de marcar límites e respectar o noso corpo.
- Os perigos nas redes sociais e nos videoxogos: o sexting e o grooming
- A linguaxe e emoticonos que utilizan nas redes os adolescentes para falar de sexo e de drogas.
- As ferramentas que axudan ás familias a falar da sexualidade: libros e contos que existen no mercado.
Por último, Andrea presentounos os resultados do seu estudio sobre sexualidade en menores realizado en diferentes centros educativos da provincia de Pontevedra. Chamou especialmente a atención que se conclúe que a idade a que se comeza a ter relacións sexuais está comprendida entre os 11 e os 16 anos.
Como colofón, Andrea organizou un xogo tipo Pasapalabra nos que participaron adultos e menores.
Para profundizar sobre o tema podedes consultar información complementaria ou escribirnos a anpaceipchouzo@gmail.com.
Nota: Dende a ANPA gustaríanos que as familias asistentes a esta formación nos escribirades un correo contándonos que vos pareceu a charla e se vos gustaría recibir outras formacións coa mesma temática. Gracias polo voso interese e participación!
Información complementaria sobre Sexualidade e seguridade nas redes
Neste post achegamos información complementaria á charla Sexualidade e seguridade nas redes de Andrea Tumbeiro.
Se algunha familia ten interese en ampliar información ou consultar dúbidas pode escribirnos a anpaceipchouzo@gmail.com e pasamoslla á Andrea.
Descarga documento Impacto de la tecnología en la adolescencia
Anexos de interese:
miércoles, 24 de septiembre de 2025
Formación en familia: Sexualidade e seguridade nas redes
Bos días, animamos a toda a comunidade educativa á asisitir á nosa primeira formación do ano: Sexualidade e seguridade nas redes, un obradoiro en familia enfocado dende un punto de vista sanitario da man de Andrea Tumbeiro.
🩵 A formación é adecuada para toda a familia, e anímase a participar a menores a partir de 4º de primaria.
📌 Terá lugar o luns 29 setembro ás 16h, na Aula de música.
📝 Inscricións no correo anpaceipchouzo@gmail.com. Poden acudir familias de fóra do cole (con prioridade para as familias do Chouzo)
🐣 Haberá servizo de ludoteca. Indica no correo se a precisas. (Servizo de balde para familias do Chouzo, 2€ para familias de fóra).
jueves, 4 de septiembre de 2025
Adolescencia libre de móbiles. Pacto de familias
Estimadas familias:
Compartimos o enlace na que as familias poderan adherirse o pacto de familias para retrasar a chegada do móbil con conexión a internet ao alumnado.
Esta iniciativa ten o fin de promover un pacto de familias para contrarrestar a presión social e retrasar a entrega dun smartphone antes dos 16 anos.
Este pacto ofrécese como unha axuda para protexer o benestar mental, físico e emocional dos menores, contribuíndo así a manter as súas actividades saudables, evitando a distracción constante e reducindo a presión social para familias e estudantes.
- Se é necesario ofrecer un dispositivo para poder comunicarse coas crianzas, existen alternativas como teléfonos móbiles analóxicos ou reloxos sen conexión a internet.
A continuación facilitamos o enlace facilitado dende Adolescencia libre de móviles onde aparece noso centro escolar:
lunes, 21 de julio de 2025
Libros para todas as familias
Estimadas participantes do banco de libros:
Este ano puidemos cubrir todos os libros que se precisan para o ano que ven. Todas as familias recibirán libros. Podedes pasar recollelos polo local a partir de mañá: o martes 22 e o mércores 23 de xullo de 9 a 10h.
Gracias a todas por participar!
martes, 15 de julio de 2025
Descontos colaboradores curso 2025-26
LISTA DE DESCONTOS CURSO 2025/26:
Os seguintes establecementos ofrecen descontos para as familias socias da ANPA entregando o carné de socio a hora da compra. Podes solicitar o teu carné no local ou enviando un correo a anpaceipchouzo@gmail.com.*Estas condicións poden cambiar ao longo do curso, é recomendable confirmar o desconto con cada colaborador no momento da compra.
- Arrolos de Mai (tenda especializada en porteo e puerperio). Centro Comercial Camelias. Planta baixa. Descontos: 5 % en libros, incluido texto escolar e productos de volta ao cole (mochilas personalizadas, etiquetas de roupa…).
- Baby Hogar Infantil (tenda de roupa e calzado infantil). Barcelona 84 e López Mora 94. Descontos: 10 % en artigos de tempada (uniformes escolares, artigos rebaixados e roupa de cerimonia non incluídos).
- British Heritage (academia de idiomas). Av. Florida 32. Descontos: Matrícula gratuíta e 10 % de desconto na cota mensual para inglés francés, alemán e cursos de preparación a Cambridge (descontos aplicables a toda a familia: irmáns+ pai ou nai).
- Ciudad Aventura (parque de bolas). Centro comercial Camelias, planta baixa. Descontos: 1€ menos por neno/a nos talleres impartidos por eles e nas celebracións de cumple, tanto entre semana coma na fin de semana.
- Copicor (copistería e material escolar). Torrecedeira 115.Descontos: 10% en compras superiores a 10 €.
- Customeeple (tenda de xogos de mesa). Torrecedeira, 64. Descontos: 15% en todos os artigos.
- Décimas (tenda de roupa e calzado deportivo). Porta do Sol,1, Centro Comercial Gran vía e Centro Comercial Vialia. Descontos: 10% en artigos marca Tenth.
- E-lingua (academia de inglés e francés). Avda.Florida,95. Descontos: 5% na mensualidades e 50% na matrícula (si a actividade se imparte no propio centro educativo).
- Ferraxería Valfer (ferrarxería). Coruña 52. Descontos: 10 % (excepto produtos en oferta ou liquidación)
- Fisioterapia Pejito (clínica de fisioterapia especializada en pelviperineoloxía, lactantes, nenos e fisioterapia xeral). Barcelona 78. Descontos: 10 % en todos os servizos (excepto bonos de sesión nin clases grupais).
- Glup Animación Infantil. Gran Vía 38, 3b. Descontos: 15% en todos os servizos (festas, animacións, obradoiros, campamentos...).
- Karanova Micropigmentación. Traballo facial, oncolóxica e paramédica. Avda. Atlántida, 30 3°F. Descontos: 20 % en casa servicio (consulta ,traballo e retoque ao mes e cremas de curación incluidos).
- Kenguru Espacio Familiar (Animación profesional para comunións e aniversarios). Avda. do Rebullón 7, Mos. Descontos: Matrícula gratuíta e 5 % de desconto na cota mensual durante o curso 2025-26.
- La Mona creativa. Decoración infantil personalizada para cumpleanos e eventos. WhatsApp: 683 62 19 22. Descontos: 10% en todo o catálogo.
- Moga Centro óptico. Rua Barcelona, 53. Descontos:15% dto na compra de gafa graduada, gafa de sol e 10% dto na compra de lentillas e líquidos.
- Monster factory Ludoteca, talleres e tenda de xoguetes didácticos. Teixugueiras 32, portal 2. Descontos: 5% en todos os artigos excepto Bandai, Panini, Mattel. Spin Master, TCG e artesanía.
- Newcastle. Academia de inglés. Rúa do Doutor Carracido, 4. Lavadores. Descontos: Matrícula gratuita, descontos por irmán e 50% desconto na primeira mensualidade.
- Nobel (librería e material escolar). Avda Gran Vía,, 184. Descontos: 5% en libros de lectura (menos cuadernería e libros de texto) 10% en papelería.
- Patapum (tenda crianza respectuosa)
- Perruquería-Barbaría Bella Bambina, Torrecedeira 97. Descontos: 10 % excepto tratamentos.
- Sapoconcho (tenda de regalos vintage). Centro Comercial Camelias, planta baixa. Descontos: 10% en todos os artigos.
- Sequeiros Kiosco (Prensa, libros de lectura adulto e infantil, xoguetes, papelería e chuches). Avda. das Camelias, 103. Descontos: 5 % de desconto en todo excepto prensa e libros de texto.
- This Way Language Center (academia de idiomas). Praza Eugenio Fadrique, 5. Descontos: 5 % sobre as tarifas do curso 2025-2026, non acumulable con outros descontos.
- Vigofoto (tenda de fotografía). Regueiro, 3 (plaza Independencia) e Florida, 26. Descontos: 10% en todos os artigos (excepto cámaras fotográficas, películas fotográficas, dispositivos almacenamento de memoria e productos personalizados) e 5% descontó en fotos carné.
martes, 17 de junio de 2025
Festa Fin de Curso 2025
FESTA FIN DE CURSO🎉🎉🎉
Por fin chega a esperadísima Festa Fin de curso!!!
O 20 de xuño a partires das 16:30h, despediremos o curso escolar coma todos os anos cunha super celebración organizada pola ANPA.
🪅 Vinde desfrutar de atraccións, inchables, pintacaras, karaoke e máis sorpresas da man de @cocofantecocofante.
👙 Vinde preparados para a festa da escuma con bañador, chanclas, muda e gafas de bucear para protexer os ollos. (Non se poden traer xogos de auga como pistolas ou globos).
💸 A entrada a festa é de balde para as familias socias, para os non socios ten un custo de 12€ por neno/a.
👭 Importante !! Os nenos /as deben estar acompañados dun adulto en todo momento.
📌 Lembrade que as instalacións deben quedar o máis limpas posible así que, por favor, facede uso das papeleiras e contedores.
Agardámosvos!!
Suscribirse a:
Comentarios (Atom)