jueves, 20 de febrero de 2025

Festa de entroido 2025


Chega o entroido e no ANPA vos agardamos para a nosa super festa de disfraces! 

O vindeiro venres 28 de febreiro de 17h a 20h teremos baile, mesa de pintar, pintacaras, desfiles de disfraces e sorteos. 

Agardámosvos!!

martes, 18 de febrero de 2025

Alerta Escolar para alumnado con patoloxías

INSCRICIÓNS A ALERTA ESCOLAR A NENOS E NENAS CON PATOLOXÍAS CRÓNICAS

A inscricion a Alerta Escolar a poden facer as familias  fillos ou fillas de 0-16 anos matriculados en centros de escolaridade pública ou concertada da Xunta de Galícia que sufran as seguintes patoloxías crónicas susceptibles de descompensación: 
 
- Crises alérxicas (anafilaxia) por exposición a alérxenos, normalmente, alimentarios

- Crises comiciais (epilepsia nas suas diferentes formas)

- Crises diabéticas (en xeral, hipoglucemias)

Alerta Escolar é un compromiso para a coordinación entre o profesorado (que deberá ser capaz de recoñecer a emerxencia médica e prestar unha primeira atención mentres non chegan os recursos adecuados) e a Central de Coordinación de Urxencias Sanitarias de Galicia-061.

a inscricion no programa Alerta Escolar podese facer a través deste enlace da Consellería de Cultura, Educación e Universidade:  https://www.edu.xunta.gal/portal/alertaescolar

Mais información: https://061.sergas.gal/Paxinas/web.aspx?tipo=paxtxt&idLista=4&idContido=39&mi...=&idioma=es

miércoles, 12 de febrero de 2025

Indicacións sobre educación sexual

A pasada semana tivemos unha charla sobre sexualidade da man de @querote máis que resultou interesante para toda a comunidade educativa. 

Unha reflexión  que compartiu foi que cando a rapazada  teña dúbidas, é millor que atope respostas nos seus referentes, porque a familia educa ao transmitir valores ( cousa que internet non fai).

 Os obxectivos da educación sexual son: 

- Coñecerse
- ⁠Aceptarse
- ⁠Expresarse
.
É importante reaccionar con normalidade ante as súas inquedanzas sobre sexualidade, e se no se pode contestar no momento, se pode dicir que más tarde se lle explica ou que podemos buscar información xuntos. 
Na actualidade existen libros de sexualidade adaptados para a sua idade que son moi boas ferramentas. 

Hai que evitar esquivar preguntas, menosprecialas, asustarse ou dar charlas demasiado extensas ou non adaptadas a sua idade,  xa que se perden con moita información e dispersan a sua concentración.

Gracias a todas as familias pola súa asistencia.

miércoles, 22 de enero de 2025

Resumo da charla Como medrar nun entorno dixital

Na formacion Cómo medrar nun mundo dixital de forma saudable tocamos varios temas interesantes:

- O elevado tempo de consumo de pantallas ou inicio precoz ten como consecuencias alteracións da saúde mental e física e efectos negativos no desenvolvemento cerebral e no ámbito académico.

-  Un profesional dixitalmente competente non require dunha educación dixital na infancia.

-  A Asociación de Pediatría propón ás familias protexerse da presión social e atrasar mín. ata os 16 anos os dispositivos dixitais, así como dispor de espazos e momentos libres de pantallas.

-  Non se pode pedir consumo responsable aos menores porque non están preparados a nivel madurativo para filtrar contidos e limitar tempo de uso.
Por outra banda, Montse, docente dun IES no Grove, compartía a súa visión, despois de observar ao seu alumnado durante máis de 25 anos impartindo clase de arte. Contounos que, nos últimos anos , o alumnado quedaba durmido nas clases por usar os seus móbiles na habitación ata altas horas da madrugada. O abuso dixital orixina que non prestan atención, non saben esperar e interactúan peor, sin respeto nin empatía. 

Con todo, hai un atisbo de esperanza, que corrobora outro mestre de instituto presente na charla , xa que neste último ano mellorou o clima e a atención na clase. Unha nova tendencia motivada seguramente pola prohibición dos móbiles nos centros educativos e a conciencia dalgunhas familias (cada vez máis) de retrasar a idade de acceso aos smartphones. É importante facer redes de familias e rapazada, axudando a que non se sintan sos se non teñen smartphones e teñan ferramentas para socializar de forma máis saudable que a través destes dispositivos dixitais que tanto “enganchan”. 

 Acabou a charla coa participación de Rute, unha nai que é a presidenta da Anpa do IES o Castro. Animou a contactar con ela, porque en breve compartirá un proxecto para axudar as familias que deciden retrasar dar un smartphones os seus fillos/as cando vaian a instituto. Esperamos con ganas o material que compartirá dende a sus ANPA. 

Gracias a todos os asistentes!


martes, 21 de enero de 2025

Educación sexual dende a casa con Quérote+


🚨¡¡¡NOVA FORMACIÓN!!! Educación sexual dende a casa. 

 @querote_mais nos trae un obradoiro moi necesario sobre Educación sexual, onde crearemos un espazo de reflexión no que compartir inquedanzas e dúbidas e coñecer ferramentas útiles para a educación dos nosos fillos e fillas. Trataremos os seguintes temas, entre outros:  
-  De qué falamos cando falamos de sexo e sexualidade
- ⁠ Modelos de educación sexual 
-  Qué tratar en cada etapa educativa 
- ⁠ Ferramentas de educación sexual na familia

🗓️ Martes 4 de febreiro 
🕔 De 16:30 a 18:00h na aula de música 
🧔 Charla exclusiva para adultos ( familias e educadoras/es) 

✉️ Inscricións no correo anpaceipchouzo@gmail.com

 🐣 Indicade no email se precisades ludoteca para as crianzas (servizo de balde para alumnado do Chouzo e cun custo de 2€ para alumnado de fóra).