Páxinas

jueves, 27 de noviembre de 2025

Crónica da formación en prevención do suicidio


Hoxe queremos agradecer ao @arnelagabinete outro marabilloso obradoiro de formación para familias, neste caso sobre a Prevención do suicidio. 

Nesta obradoiro os adultos aprendimos a:

• Comprender o fenómeno do suicidio na infancia e na adolescencia, os mitos e as realidades.
• Os factores de risco e os de protección.
• As conductas autolíticas: qué son e cómo se manifestan.
• Os signos de alarma: cómo detectarlos e qué facer nesos casos. 
• Cómo intervir e acompañar dende casa con sensibilidade e seguridade emocional.

Os menores que asistiron a charla (+10 años) aprenderon e participaron na: 

• Identificación de emocións difíciles e estratexias de autocuidado.
• Reflexión sobre pedir axuda e coidar dos demáis.
• Cómo recoñecer o sufrimento propio e alleo sen xuizo.
• Dinámicas de grupo sobre apouo mutuo, empatía e redes de confianza.

❤️‍🩹 Os datos asustan, na causa externa é pola que morren máis adolescentes a partir dos 10 anos, pero a súa intención non é morrer, se non acabar co seu sufrimento, e o que lles faltan son ferramentas para superar as súas dificultades sen dañarse.
Atópanse en adolescentes con 15-16 anos sen gañas de vivir porque nunca se frustraron por non recibir un non. Este é o perigo da superprotección e de non por límites dende moi pequenos, porque acentúa que na adolescencia non saiban frustrarse. As redes sociais acentúan este malestar e fan que se aillen cada vez máis.

Moitas gracias ás familias que asistiron a esta formación e ás personas que a fixeron posible. 
Podedes enviarnos coma sempre as vosas impresións ao correo anpaceipchouzo@gmail.com.

martes, 25 de noviembre de 2025

Obradoiro postais de Nadal para o proxecto Luces de colores de Asotrame

OBRADOIRO POSTAIS DE NADAL ADICADAS A PACIENTES INGRESADOS EN HOSPITAIS GALEGOS 

O vindeiro martes 2 de decembro de 16:30 a 18h celebraremos no cole un obradoiro moi especial.: crear xuntos postais de Nadal para o proxecto "Luces de colores" da asociación @asotrame. 

Estas postais irán destinadas a pacientes de cancro hematoloxico que pasarán as datas navideñas ingresados en hospitais de Galicia. A idea é facerlles un pouquiño máis ameno o ingreso e transmitirlles todo o noso apoio a través deste pequeno xesto. 

💌 Inscrición ao obradoiro no correo anpaceipchouzo@gmail.com. 

💟 As familias que desexen participar pero non poidan asistir ese día, poden deixar as súas cartas no local da ANPA ou no buzón.

Obradoiro xogos de mesa para toda a familia o 4 de decembro


OBRADOIRO XOGOS DE MESA 
Imparte: @customeeple 

🩵 A formación é adecuada para proxenitores, educadores e menores. 

📌 Xoves 4 de decembro,  de 16:30 a 18h na Aula de arte.

📝 Inscricións no correo anpaceipchouzo@gmail.com. (Indica no correo a idade dos menores e o centro educativo). Poden acudir familias de fóra do cole (con prioridade para as familias do Chouzo). 

viernes, 14 de noviembre de 2025

Aprendendo xuntos a prevención do acoso escolar

Este mércores celebrouse no cole o obradoiro sobre o acoso escolar da man de @gabinetearnela.

✌️ Durante a xornada dividiuse o grupo en dous: por un lado, os adultos recibimos unha formación sobre as diferencias entre acoso e agresión, os síntomas de detección nos menores (cambios de humor, irratibilidade...) e cómo activar os protocolos de intervención dende o centro escolar e dende Inspección educativa. O acoso escolar é un tema complexo que se agravou nos últimos anos por culpa dun mal uso das redes sociais e o ciberacoso. 

🩷 Por outro lado foron os menores (a partir de 7 anos), que fixeron unha chuvia de ideas sobre que é o acoso, creando un ambiente de confianza e participación no que cada un puido expresarse libremente. Tamén decoraron globos escribindo neles as cousas que non se poden permitir e elaboraron un fermoso mural con compromisos de convivencia. 

Ao final da xornada, os adultos unímonos á rapazada e xuntos rematamos de encher o mural. Selamos o acto cun xogo no que cada equipo debía afastar os globos do seu terreo e, como era de esperar, gañaron os menores. 😝

Moitas gracias a Gabinete Arnela pola vosa magnífica forma de comunicar e o ambiente de confianza que se creou durante a charla. Gracias a todas as familias asistentes e ás personas da ANPA que o fixeron posible. 

💌 Se participaches nesta charla por favor cóntanos as túas impresións no correo anpaceipchouzo@gmail.com.



Magosto no cole 2025


Esta mañá celebramos o magosto no cole, este ano
cunha gran cantidade de castañas que trouxeron as familias! Gracias!  E gracias aos que viñechedes a pasar unha tarde picando castañas e aos que hoxe viñeron asar a pesares do mal tempo 😜. Feliz outono a todos e todas!

jueves, 13 de noviembre de 2025

Taller prevención do suicidio 26 de novembro

OBRADOIRO PREVENCIÓN DO SUICIDIO 
Imparte: Gabinete Arnela

🩵 A formación é adecuada para proxenitores, educadores e menores a partir dos 10 anos. 

📌 Mércores 26 de novembro,  de 16:30 a 18h na Aula de música.

📝 Inscricións no correo anpaceipchouzo@gmail.com. (Indica no correo a idade dos menores e o centro educativo). Poden acudir familias de fóra do cole (con prioridade para as familias do Chouzo). 

🐣 Haberá servizo de ludoteca. Indica no correo se a precisas. (Servizo de balde para familias do Chouzo, 2€ para familias de fóra).

martes, 4 de noviembre de 2025

Taller prevención do acoso 12 nov



OBRADOIRO PREVENCIÓN DO ACOSO 
Imparte: Gabinete Arnela

🩵 A formación é adecuada para proxenitores, educadores e menores a partir dos 7 anos. Haberá un profesional para os adultos e outro para os menores, rematando cunha reflexión conxunta. 

📌 Mércores 12 de novembro,  de 16:30 a 18h na Aula de música.

📝 Inscricións no correo anpaceipchouzo@gmail.com. (Indica no correo a idade dos menores e o centro educativo). Poden acudir familias de fóra do cole (con prioridade para as familias do Chouzo). 

🐣 Haberá servizo de ludoteca. Indica no correo se a precisas. (Servizo de balde para familias do Chouzo, 2€ para familias de fóra).