Hoxe queremos agradecer ao @arnelagabinete outro marabilloso obradoiro de formación para familias, neste caso sobre a Prevención do suicidio.
Nesta obradoiro os adultos aprendimos a:
• Comprender o fenómeno do suicidio na infancia e na adolescencia, os mitos e as realidades.
• Os factores de risco e os de protección.
• As conductas autolíticas: qué son e cómo se manifestan.
• Os signos de alarma: cómo detectarlos e qué facer nesos casos.
• Cómo intervir e acompañar dende casa con sensibilidade e seguridade emocional.
Os menores que asistiron a charla (+10 años) aprenderon e participaron na:
• Identificación de emocións difíciles e estratexias de autocuidado.
• Reflexión sobre pedir axuda e coidar dos demáis.
• Cómo recoñecer o sufrimento propio e alleo sen xuizo.
• Dinámicas de grupo sobre apouo mutuo, empatía e redes de confianza.
❤️🩹 Os datos asustan, na causa externa é pola que morren máis adolescentes a partir dos 10 anos, pero a súa intención non é morrer, se non acabar co seu sufrimento, e o que lles faltan son ferramentas para superar as súas dificultades sen dañarse.
Atópanse en adolescentes con 15-16 anos sen gañas de vivir porque nunca se frustraron por non recibir un non. Este é o perigo da superprotección e de non por límites dende moi pequenos, porque acentúa que na adolescencia non saiban frustrarse. As redes sociais acentúan este malestar e fan que se aillen cada vez máis.
Moitas gracias ás familias que asistiron a esta formación e ás personas que a fixeron posible.
Podedes enviarnos coma sempre as vosas impresións ao correo anpaceipchouzo@gmail.com.
No hay comentarios:
Publicar un comentario
Nota: solo los miembros de este blog pueden publicar comentarios.