A Xunta de Galicia desenvolverá unha nova xornada de formación dirixida ás familias co título “A familia como base do crecemento
persoal e emocional”.
A formación abordará aspectos como o desenvolvemento infantil e adolescente e como apoiar os cambios físicos e emocionais que se dan nestas etapas, así como a análise do impacto da tecnoloxía nas rapazas e rapaces e a importancia do seu uso responsable.
A xornada terá lugar o vindeiro sábado 21 de febreiro no Auditorio do Conservatorio Superior de Música de Vigo en horario de mañá. Pódese realizar a inscrición de balde a través do Portal Educativo, na ligazón
ata completar o límite de 290 prazas.
Achégase tamén con esta mensaxe o programa da actividade.
Agradecemos a difusión desta iniciativa á comunidade educativa, especialmente ás ANPAS, para o coñecemento das familias.
No hay comentarios:
Publicar un comentario
Nota: solo los miembros de este blog pueden publicar comentarios.