BUZÓN DE SUXERENCIAS
📝A TÚA OPINIÓN IMPORTA!
AXÚDANOS A MELLORAR A EDUCACIÓN DOS TEUS FILLOS/AS
Na ANPA estamos comprometidos/as coa salvagarda do dereito do alumnado a recibir unha educación de calidade, segura, inclusiva e respectuosa, tal e como establece a nosa Constitución.
📬 Por este motivo, poñemos en marcha un Buzón de Suxestións para Nais, Pais e Titores, onde podedes compartir opinións, ideas e preocupacións sobre todo o que afecta á educación e ao benestar dos teus fillos/as e dos nenos/as do centro, como por exemplo:
- Melloras nas instalación
- Propostas para reforzar a docencia
- Suxerencias sobre o persoal (docente, de comedor, actividades ou calquera outro servizo do centro).
- Necesidades de apoio psicolóxico, emocional ou familiar.
- Calquera outra situación que afecte ao desenvolvemento educativo.
Todas as suxerencias serán revisadas con respecto, confidencialidade e compromiso.
A túa voz pode marcar a diferenza. Participa e construamos xuntos un centro mellor!
Nota: para as suxerencias ou queixas sobre o funcionamento do comedor escolar por favor contactade directamente co centro educativo no correo ceip.emilia.pardo@edu.xunta.gal.
No hay comentarios:
Publicar un comentario
Nota: solo los miembros de este blog pueden publicar comentarios.