Páxinas

martes, 30 de septiembre de 2025

Éxito de participación na formación Sexualidade e seguridade nas redes

Este luns na charla "Sexualidade e seguridade nas redes" da man de Andrea Tumbeiro incluímos por primeira vez aos nenos e nenas como público. Resultou interesante coñecer as súas opinións e tratar con eles os seguintes temas:

- A quen consultan os menores as dúbidas sobre sexualidade.
- As diferencias entre sexo e xénero.
- ⁠O signigicado das siglas LGTBIQ+.
- A Lei“SI es SI”. 
- Os distintos tipos de anticonceptivos.
- ⁠A importancia de marcar límites e respectar o noso corpo.
- Os perigos nas redes sociais e nos videoxogos: o sexting e o grooming
- A linguaxe e emoticonos que utilizan nas redes os adolescentes para falar de sexo e de drogas.
- As ferramentas que axudan ás familias a falar da sexualidade: libros e contos que existen no mercado.

Por último, Andrea presentounos os resultados do seu estudio sobre sexualidade en menores realizado en diferentes centros educativos da provincia de Pontevedra. Chamou especialmente a atención  que se conclúe que a idade a que se comeza a ter relacións sexuais está comprendida entre os 11 e os 16 anos. 
Como colofón, Andrea organizou un xogo tipo Pasapalabra nos que participaron adultos e menores.

Para profundizar sobre o tema podedes consultar información complementaria ou escribirnos a anpaceipchouzo@gmail.com. 

Nota: Dende a ANPA gustaríanos que as  familias asistentes a esta formación nos escribirades un correo contándonos que vos  pareceu a charla e se vos gustaría recibir outras formacións coa mesma temática. Gracias polo voso interese e participación! 

No hay comentarios:

Publicar un comentario

Nota: solo los miembros de este blog pueden publicar comentarios.