Aviso a todas as familias anotadas no 2º cuadrimestre da actividade de PISCINA durante o curso 2019-2020: Para recibir a devolución da parte do curso non desfrutada por causa da cancelación da actividade debido á COVID, por favor enviade un correo a tesoreriaanpachouzo@gmail.com co asunto PISCINA APELIDOS DO(S) NENO(S) e a seguinte información:
Número de conta bancaria en formato IBAN (ES seguido de 22 cifras) Titular da conta Número de irmáns anotados na actividade
Queridas nenas e nenos e queridas familias do Chouzo:
Este ano para celebrar o Entroido, a ANPA convídavos a participar nun concurso de disfraces virtual! Só tedes que sacarvos unha foto co voso traxe de entroido e enviala a anpaceipchouzo@gmail.com. A comisión de festas da ANPA elixirá as fotos gañadoras. O prazo para enviar as fotos é do 12 ao 17 de febreiro.
Lede atentamente as bases do concurso a continuación, ou descargade o arquivo facendo clic aquí.